PREINSCRICIÓN Optativas 4º Graos Curso 2017/18

 

Entre o 6 e o 14 de xullo ábrese un prazo para preinscribirse nas materias optativas de 4º curso dos graos a través da súa secretaría virtual.

Cada estudante deberá decidir se quere ter docencia en inglés e xerarquizar as preferencias de materias.

No proceso de matrícula que se abre o primeiro de agosto, o alumnado só se poderá matricular daquelas materias nas que se lle concedera grupo.

De non facer preinscrición, non será posible matricularse mais que naquelas materias e grupos nos que queden prazas baleiras.