Mentorización MEET-FCEE

A FCEE vai por en marcha, de xeito experimental na titulación de Economía, un programa de mentorización destinado aos estudantes de primeiro por primeira vez. Dito programa é complementario do PAT (Plan de Acción Titorial) que está operativo dende o curso 2009/10, apoiándose na participación de estudantes voluntarios de últimos cursos de carreira que guían e axudan aos novos estudantes na súa chegada ao centro. 

Precísanse 15 estudantes de 2º, 3º ou 4º do Grao en Economía que actuarían como mentores para o que recibirán formación específica que se acreditará convintemente (ao igual que as horas de voluntariado e as horas recoñecidas por creditos), formación de alto valor diferenciador e fortemente complementaria do curriculum do voluntario.

A experiencia dos centros onde xa está en marcha é moi boa, resaltando os mentores a satisfacción persoal que se sinte ao axudar a outros, e os mentorizados a utilidade da iniciativa.

A información básica do programa, pode verse nos enlaces que siguen: