A nosa Historia

Orixinariamente, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariales emprazábase no Colexio Universitario de Vigo, dependente da Universidade de Santiago de Compostela. Por mor da urxencia por dispor de terreos para iniciar a construción da nova Facultade, esa foi unha das primeiras xestións realizadas polo Delegado do Reitor da USC ante o Concello de Vigo (20/05/88), sendo finalmente concedida unha parcela na zona de Lagoas-Marcosende. A explicación a tal urxencia estaba en que o número de membros do alumnado existentes, que nesa época ascendía a 2500 (1400 estudantes de económicas e 1100 de empresariais), era excesivo para as limitacións dun centro onde 103 membros do profesorado impartían a súa docencia. Por ese motivo, facíase necesario un novo edificio deseñado inicialmente para albergar da orde duns 4000 estudantes. Mentres tanto, para manter as actividades académicas, precisábase, inevitablemente, a utilización de aulas e seminarios noutros centros do citado Colexio Universitario de Vigo (CUVI), o que ocasionou problemas organizativos e conflitos no alumnado.

En 1988 solicítase a segregación e nese mesmo ano, a Consellería de Educación convoca o primeiro concurso. Na parcela elixida extendíase un denso bosque de piñeiros. Asumiuse que o novo edificio debía de respectar ao máximo ese entorno, adaptándose ás curvas de nivel do terreno. Estruturouse en tres corpos especializados funcionalmente, cada un dos que seguía unha curva de nivel: un corpo destinado a aulario, outro destinado a departamentos e un corpo central que actúa como eixe da actividade.l No ano 1992 comeza a impartirse docencia nel.
 

Anos despois, xorde a necesidade dunha ampliación non prevista inicialmente. Había que construir una salón de actos, unha nova biblioteca máis grande e potenciar o novo decanato e a área administrativa. A biblioteca e o salón de actos colocaronse nos extremos dos brazos, a continuación de aulario e departamentos, respectivamente. Estos dous novos módulos uniríanse entre eles cunha nova pasarela lixeira, pechando un circuito interior ou rúa principal dende a que se accede a todo. Unha vez máis, a topografía preexistente foi o molde para configurar a ampliación que se materializaría ao longo do ano 1995, casi en paralelo co proceso de reforma e implantación dos planos de estudo. O decanato e a área administrativa ocuparon a antiga sala de lectura, mantendo a continuidade do espazo global inicial. Neste proceso, a cafetería foi tamén ampliada, alomenos, en tres ocasións.

O aumento das necesidades docentes derivadas da implantación dos novos planos superou tódalas previsións, desbordándoas. A estrutura cuadrimestral, a configuración de catro itinerarios específicos en cada titulación e o paralelo incremento na carga práctica das materias esixían novos espazos especializados. Nesta ocasión o que creceu foron as áreas funcionais xa existentes, en concreto, o aulario (aulas de informática) e os departamentos (despachos, seminarios  e salas de terceiro ciclo). En ambos casos optouse por facelas crecer en paralelo cos brazos funcionais xa existentes, reforzando a especificidade funcional de cada un deles. As novas aulas de informática situáronse pegadas ao aulario existente, os despachos ao edificio departamental, mentras que os seminarios e o novo salón de graos fixérono ao salón de actos.