Acto de Benvida á FCCEE

O venres 6 de setembro de 2019 celebraremos un acto de benvida ao estudantado que empeza o primeiro curso de cada unha das tres titulacións que ofrece o noso centro: ADE, Economía e Dobre Grao ADE-Dereito.

Neste acto que empezará ás 10:00 e que terá lugar no Salón de Actos da FCCEE esperamos aclararvos todas as dúbidas que poidades ter sobre a titulación que ides comezar e sobre a vida diaria na nosa Facultade.

Ademais, ao finalizar o acto podedes achegarvos á Praza Miralles para asistir á Xornada de Benvida organizada pola Universidade de Vigo. Podedes consultar a información desta Xornada na seguinte ligazón:

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/xornada-benvida-vigo

    Escribe un comentario