Acto de Presentación do curso 2020-2021

Coñece de primeira man como vai ser o curso 2020-2021!

Este evento está destinado a todos os alumnos matriculados na FCCEE. Vai ser un curso diferente a todo o que vivistes ata este momento e, por tanto, é moi importante vosa asistencia. Por esa razón, ademais de que algúns estudantes poidan asistir presencialmente ao evento os demais poderán seguilo a través da emisión en streaming realizada por Uvigo TV previa retirada dunha entrada gratuíta a través desta ligazón:

https://www.eventbrite.es/e/entradas-presentacion-curso-2020-2021-fccee-119998359323

Falaremos, entre outras cousas, das medidas de prevención sanitaria que se van a aplicar para tentar converter o noso centro nun espazo académico o máis seguro posible; tamén faremos referencia á organización da docencia semipresencial que imos desenvolver. Explicarémosvos en que consiste Campus Integra e estaremos abertos a todas as preguntas que nos queirades realizar tanto presencialmente como a través do chat que habilitaremos para tal efecto.

    Escribe un comentario