ADE+Dereito

Dende o ano 2008 deronse pasos conxuntos coa Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo para poder ofrecerlles aos estudantes dos dous graos do centro a posibilidade de obter a dobre titulación con Dereito. Por tal motivo, as memorias xa contemblaban unha estrutura de optativas que permitiria aos estudantes acadar os graos de ADE+Dereito ou Economía+Dereito nun prazo sensiblemente menor que os 8 anos que suporía cursalos independentemente.

Para o curso 2014/15 dase un paso adicional, articulando un programa de Simultaneidade ADE+Dereito, caracterizado por:

  1. Solidez da formación xurídica e de empresa. O programa integra a práctica totalidade da formación básica das dúas titulaciónse toda a obrigatoriedade das mesmas, non existindo grandes lagoas formativas ligadas ao acortamento dos estudos.
  2. Extensión temporal atractiva. O programa é posible cursalo en 5 anos grazas ao perfil de dereito de empresa que ten o grao en Dereito impartido na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo de Vigo.
  3. Carga de traballo razoable. Esa duración, nin afecta a solidez da formación recibida, nin supón cargas desorbitadas de traballo para os estudantes. Concretamente, a estrutura de materias proposta distribúese en 72 ECTS por curso, carga que está incluso por debaixo de moitas das dobres titulacións existentes no sistea universitario español.
  4. Grupo específico. Contémplase un único grupo de docencia, cunha entrada de 40 estudantes e horarios específicos, destinado a facilitar o seguimento do programa posto que non esixe combinacións de horarios complicadas e/ou gran número de horas de permanencia diaria no centro.