Materias FB e Obrigatorias. Asignación de estudantes a grupos

A determinación do grupo faise mediante un sistema de preinscrición paralelo coa matrícula que está aberto durante os prazos establecidos para esta.

Unha vez dentro da aplicación de matricula e unha vez cubertos os datos precisos para esta, aparece unha mensaxe indicando a necesidade de preseleccionar grupo de prácticas. Se non se fai, o sistema asígnalle ao estudante un grupo no que queden prazas baleiras ao final do proceso (é decir, no grupo menos preferido). Por iso é importante non esquecerse de sinalar as preferencias.

Para preseleccionar grupo de prácticas o sisteme pide que, para cada curso no que se matricule,  o estudante xerarquice todos os grupos existentes en función das súas prioridades.
 
Unha vez rematado o prazo de matriculación, o sistema cruza todas as preferencias e fai automáticamente a asignación dos estudantes en base aos seguintes criterios:
 
1.       Tipo de estudante
a.    Estudantes que acceden por primeira vez á Universidade
b.    Estudantes de continuación de estudos no grao que superaron os créditos matriculados no curso anterior
c.    Estudantes de continuación de estudos no grao que non superaron os créditos matriculados no curso anterior
d.    Estudantes de continuación de estudos por cambio de plan (recoñecemento)
2.       Expediente académico.
3.       Número de ECTS básicos e obrigatorios superados.
4.       Número de matrículas de honra, sobresaíntes notables e aprobados conseguidos.
 
Como resultado saen unhos listados de alumnos por grupo práctico (o grupo teórico ven definido polo práctico asignado) que se publicarán nesta páxina, nos taboleiros do centro e que tamen se lle notifican aos estudantes na súa propia Secretaría Virtual.