Aviso legal

Información xeral

Os datos identificativos da entidade titular deste sitio web son:

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo
Campus Lagoas Marcosende s/n
36210 Vigo
Teléfono: 986 81 24 00
Fax. 986 81 24 01
Correo electrónico: secfcee@uvigo.es

Propiedade intelectual

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo, é propietaria dos contidos deste sitio web (URL), incluídos textos, imaxes, código fonte, logos, e marcas, polo que queda expresamente prohibido:

  • Utilizar calquera dos contidos e servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no presente Aviso Legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático da Universidade de Vigo.
  • Utilizar contidos e servizos que se atopen protexidos por calquera dereito da propiedade intelectual ou industrial pertencentes á entidade ou a terceiros, sen que o usuario obteña previamente dos seus titulares a autorización necesaria para levar a cabo o uso que efectúa ou pretende efectuar.
  • Reproducir, copiar, distribuír, comunicar, transformar ou modificar os contidos do sitio web.
  • Incorporar virus ou outros elementos físicos ou electrónicos que poidan danar ou impedir o normal funcionamento da rede, do sistema ou dos equipos informáticos (hardware e software) da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo ou de terceiros.
  • A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo resérvase o dereito de emprender as accións legais que correspondan contra quen incumpra as anteriores prohibicións.
Limitación de responsabilidade

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo resérvase o dereito de actualizar, modificar ou eliminar información contida na súa web.

O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substituye a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos necesarios para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se atope totalmente actualizado.

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso ao sitio web.

Tampouco garante a ausencia de virus nin doutros elementos que poidan producir alteracións no seu sistema informático (software e hardware) ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático, polo que exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos que se poidan producir no seu sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios.

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo exclúe, con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á transmisión, difusión, almacenamento, posta a disposición, recepción, obtención ou acceso aos contidos, e en particular, aínda que non de modo exclusivo, polos danos e prexuízos que se poidan ocasionar.

Privacidade e protección de datos

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, (en diante LOPD), a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo informa ao usuario/a que todos os datos de carácter persoal que nos proporciona a través da web son incorporados a un ficheiro, creado e mantido baixo a responsabilidade da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo.

Os datos de carácter persoal utilizaranse coa finalidade de xestionar os servizos ofrecidos, realizar tarefas administrativas, así como remitir información técnica, comercial ou publicitaria vía ordinaria ou electrónica aos seus usuarios/ as sobre produtos que poidan ser do seu interese. Esta aceptación sempre terá carácter revocable.

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo garante a confidencialidade e seguridade dos datos de carácter persoal cando estes son obxecto de tratamento na medida que teñen implantadas as políticas de tratamento e medidas de seguridade ás que se refire o artigo 9 LOPD e que regula con detalle o real Decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamiento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados que conteñen datos de carácter persoal (en diante RMS). As políticas de tratamento e medidas de seguridade implantadas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo teñen o fin de evitar a alteración, perda, tratamento ou uso non autorizado dos datos de carácter persoal.

A resposta aos formularios suscitados para recibir información a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo, así como de calquera outro cuestionario que se poida facilitar no futuro, é totalmente potestativa. Con todo, a negativa do usuario/a para facilitar determinados datos, poderá supoñer a imposibilidade de levar a cabo o servizo ofrecido pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo.

O usuario/a poderá exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e no seu caso, oposición, ao tratamento dos datos de carácter persoal, nos termos e condicións previstos na LOPD. Para exercitar tales dereitos, e para calquera aclaración, poderá contactar connosco por correo a:

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo
Campus Lagoas Marcosende s/n
36210 Vigo