Calendario escolar 2017/18

(Aprobado no C.G. 20/03/2017)

 

1- O curso académico comprenderá do luns 4 de setembro de 2017 ao martes 31 de xullo de 2018. O mes de agosto non será lectivo.

2- O calendario de actividades docentes é o marco temporal no que se desenvolve a planificación do conxunto das diversas actividades formativas, incluíndo as correspondentes probas de avaliación, nas titulacións que se imparten na Universidade. Ditas actividades comezarán e rematarán nas datas seguintes: 

 

 

Inicio

Remate

1º CUADRIMESTRE

Luns, 4 de SETEMBRO DE 2017 

 Venres, 19 de XANEIRO DE 2018 (86 días hábiles, 18 semanas)

2º CUADRIMESTRE

Luns, 22 de XANEIRO DE 2018


Venres,1 de XUÑO DE 2018 (85 días hábiles, 18 semanas) 

 

As ensinanzas universitarias oficiais de Grao e Mestrados axustadas ao RD 1393/2007, modificadas polo RD 861/2010, están medidas en créditos europeos ECTS. Tal como establece o RD 1125/2003, os planos de estudo terán 60 créditos ECTS por curso académico, cada un dos cales suporá na Universidade de Vigo 25  horas de traballo para un estudante dedicado a cursar a tempo completo estudos universitarios durante un mínimo de 36 e un máximo de 40 semanas por curso académico, distribuídas equitativamente en 2 cuadrimestres.

 

3- A data de inicio da actividade académica para cada título de grao será  determinada en cada caso polo Centro de adscrición e deberá ser comunicada antes do inicio do curso á Secretaría Xeral.

 

4- Nas titulacións de Mestrado, as datas de inicio da actividade académica e de fin de cuadrimestre serán determinadas en cada caso pola correspondente Comisión Académica e deberán ser comunicadas antes do inicio do curso á Secretaría Xeral. En todo caso, o período de entrega de actas non se verá modificado.

 

4- A docencia interromperase dende o venres, día 22 de decembro de 2017, ata o venres día 5 de xaneiro de 2018 (ambos os dous incluídos), o luns día 12 de febreiro e o martes día 13 de febreiro, e dende o luns día 26 de marzo ao sábado día 31 de marzo de 2018 (ambos os dous incluídos). 5- Terá carácter festivo o venres 26 de xaneiro de 2018, celebración do día de Santo Tomé de Aquino, patrón da Universidade. Posuirán o mesmo carácter os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os días das festas locais

 

7- Así mesmo, en cada centro terá carácter festivo a data da súa festa propia. Todas as que non coincidan en luns ou venres, pasaranse a eses días. NA NOSA FACULTADE, O PATRÓN DA MESMA TRASLADOUSE PARA O DÍA 2 DE ABRIL DE 2018, día no que o centro permanecerá pechado.

8- Os períodos de rexistro na aplicación informática das cualificacións nas actas e da súa entrega rematarán nas datas seguintes:

 

Período docente ou convocatoria

Inicio

Remate

1º CUADRIMESTRE

GRAO: luns 11 de DECEMBRO DE 2017

MÁSTER: mércores 20 de DECEMBRO de 2017  

 

Venres, 2 de FEBREIRO DE 2018

 

2º CUADRIMESTRE

Luns, 9 de ABRIL DE 2018

Venres, 8 de XUÑO DE 2018

XULLO

Mércores, 20 de XUÑO DE 2018

Martes, 17 de XULLO DE 2018

FIN DE CARREIRA

Luns, 4 de SETEMBRO DE 2017

Xoves, 16 de NOVEMBRO DE 2017


 

9- Datas finais para as actas dos TRABALLOS DE FIN DE GRAO e MÁSTER serán:

 

1º CUADRIMESTRE

Venres, 23 DE FEBREIRO DE 2018

2º CUADRIMESTRE

Venres, 22 DE XUÑO DE 2018

XULLO

Venres, 27 DE XULLO DE 2018

FIN DE CARREIRA

Venres, 24 DE NOVEMBRO DE 2017