Calendario escolar 2018/19

(Aprobado no C.G. 21/03/2018)

 

1- O curso académico comprenderá do luns 3 de setembro de 2018 ao sábado 31 de agosto de 2019. O mes de agosto non será lectivo.

2- O calendario de actividades docentes é o marco temporal no que se desenvolve a planificación do conxunto das diversas actividades formativas, incluíndo as correspondentes probas de avaliación, nas titulacións que se imparten na Universidade. Ditas actividades comezarán e rematarán nas datas seguintes: 

 

 

Inicio

Remate

1º CUADRIMESTRE

Luns, 3 de SETEMBRO DE 2018 

 Venres, 18 de XANEIRO DE 2019 (86 días hábiles, 18 semanas)

2º CUADRIMESTRE

Luns, 21 de XANEIRO DE 2019


Venres, 31 de MAIO DE 2019 (86 días hábiles, 18 semanas) 

 

As ensinanzas universitarias oficiais de Grao e Mestrados axustadas ao RD 1393/2007, modificadas polo RD 861/2010, están medidas en créditos europeos ECTS. Tal como establece o RD 1125/2003, os planos de estudo terán 60 créditos ECTS por curso académico, cada un dos cales suporá na Universidade de Vigo 25  horas de traballo para un estudante dedicado a cursar a tempo completo estudos universitarios durante un mínimo de 36 e un máximo de 40 semanas por curso académico, distribuídas equitativamente en 2 cuadrimestres.

 

3- A data de inicio da actividade académica para cada título de grao será  determinada en cada caso polo Centro de adscrición e deberá ser comunicada antes do inicio do curso á Secretaría Xeral.

 

4- Nas titulacións de Mestrado, as datas de inicio da actividade académica e de fin de cuadrimestre serán determinadas en cada caso pola correspondente Comisión Académica e deberán ser comunicadas antes do inicio do curso á Secretaría Xeral. En todo caso, o período de entrega de actas non se verá modificado.

 

4- A docencia interromperase dende o venres, día 21 de decembro de 2018, ata o luns día 7 de xaneiro de 2019 (ambos os dous incluídos), o luns día 4 de marzo e o martes día 5 de marzo, e dende o luns día 15 de abril ao sábado día 20 de abril de 2019 (ambos os dous incluídos).

5- Terá carácter festivo o luns 28 de xaneiro de 2019, celebración do día de Santo Tomé de Aquino, patrón da Universidade. Posuirán o mesmo carácter os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os días das festas locais

 6- Así mesmo, en cada centro terá carácter festivo a data da súa festa propia. Todas as que non coincidan en luns ou venres, pasaranse a eses días. NA NOSA FACULTADE, O PATRÓN É O 5 DE ABRIL DE 2019, día no que o centro permanecerá pechado.

7- Os períodos de rexistro na aplicación informática das cualificacións nas actas e da súa entrega rematarán nas datas seguintes:

 

Período docente ou convocatoria

Inicio

Remate

1º CUADRIMESTRE

GRAO: luns 10 de DECEMBRO DE 2018

MÁSTER: mércores 19 de DECEMBRO de 2018  

 

Venres, 1 de FEBREIRO DE 2019

 

2º CUADRIMESTRE

Luns, 8 de ABRIL DE 2019

Venres, 7 de XUÑO DE 2019

XULLO

Mércores, 19 de XUÑO DE 2019

Martes, 16 de XULLO DE 2019

FIN DE CARREIRA

Luns, 3 de SETEMBRO DE 2018

Xoves, 15 de NOVEMBRO DE 2018


 

9- Datas finais para as actas dos TRABALLOS DE FIN DE GRAO e MÁSTER serán:

 

1º CUADRIMESTRE

Venres, 22 DE FEBREIRO DE 2019

2º CUADRIMESTRE

Venres, 21 DE XUÑO DE 2019

XULLO

Venres, 26 DE XULLO DE 2019

FIN DE CARREIRA

Venres, 23 DE NOVEMBRO DE 2017