Conferencia de Ignacio Rivera (CEO de Hijos de Rivera)

O mércores 4 de marzo continua o ciclo de conferencias deste curso académico na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo. Temos o luxo de contar coa presenza de Ignacio Rivera Conselleiro Delegado de Hijos de Rivera, empresa cuxa marca emblemática é Estrela Galicia. Ignacio Rivera foi recoñecido como o CEO con mellor reputación en España en 2019 tras obter a maior puntuación no informe CEO Reptrak Spain elaborado pola plataforma internacional Reputation Institute. A charla terá lugar ás 12:30 horas no Salón de Actos da Facultade. Esperámosche!

    Escribe un comentario