Convocatoria Erasmus


¿Cándo sae a convocatoria?

  • A convocatoria sae en xaneiro.

¿Que requisitos deben cumprir os solicitantes?

REQUISITOS XERAIS (consultar a convocatoria):

  • Ser estudante da Unión Europea (ou con residencia permanente) e estar matriculado na Universidade de Vigo.
  • Ter coñecementos da lingua estranxeira necesaria para cursar os estudos. En caso de non posuír ningún documento que acredite o coñecemento do idioma, o solicitante ten a posibilidade de realizar unha proba de nivel a fin de cumprir con este requisito

REQUISITOS ACADÉMICOS DA FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS:

  • Estar en condicións de estudar de estudar 3º o 4º curso de calquera dos graos que se imparten nela
  • Ter menos de 4 materias suspensas de primeiro e segundo curso

ASIGNACIÓN DAS PRAZAS:

  • As prazas asignanse en base ao expediente académico, tendo en conta os requisitos de idioma e adaptación do perfil do candidato á universidade de destino . 
  • No caso de igualdade de expediente académico, terá prioridade o estudante que esté no curso máis alto ou con máis créditos superados.
  • O Vicedecano de Relacións Internacionais convocará unha reunión presencial, que se anunciará oportunamente, a todos os estudantes que teñan solicitado praza de intercambio Erasmus. Os estudantes irán seleccionando destinos por orde de expediente entre os que queden dispoñibles na sua quenda.  Unha vez rematada a reunión, colgarase a resolución provisional na  web.
  • Os cambios sobre esta resolución provisional terán que ser debidamente xustificados en base a razóns de forza maior.

Máis información

  • Guia de Intercambio Internacional
  • Oficina de Relaciones Internacionais (ORI) ( Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo )
  • Vicedecano de Relaciones Internacionais (Jorge Vila, Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo )