Convocatoria Xunta de Facultade

Convócase aos membros da Xunta de Facultade a unha reunión ordinaria que terá lugar no Salón de Actos da Facultade ás 12:30h en primeira convocatoria e ás 12:45 en segunda do martes 28 de novembro, coa seguinte:

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores (21/04/23, 19/05/23, 05/06/23).
  2. Informe da Decana.
  3. Aprobación, se procede, do límite de prazas para o curso 2024/2025.
  4. Aprobación, se procede, da oferta de materias optativas para o curso 2024/2025.
  5. Aprobación, se procede, da PDA dos graos para o curso 2024/2025 e da lista priorizada dos departamentos.
  6. Aprobación, se procede, do reparto da “Bolsa de horas de recoñecemento de actividades de Xestión docente” para o curso 2024/2025
  7. Aprobación, e procede, da PDA e dos límites de prazas dos másteres para o curso 2024/2025.
  8. Aprobación, se procede, de cambios nas Comisión de Validacións e de Relacións Internacionais da Facultade.
  9. Ratificación, se procede, do acordo da Comisión de Relacións Internacionais pola que se aprobou a modificación da normativa de mobilidade da Facultade.
  10. Rogos e preguntas.

Vigo, a 23 de novembro de 2023

    Escribe un comentario