Grao ADE

Grao en Administración e Dirección de Empresas

O grao en Administración e Dirección de Empresas supón unha alternativa moi atractiva debido ás altas taxas de inserción laboral, maioritariamente na empresa privada, e ás beneficiosas condicións salariais. Nos últimos anos é a titulación con máis saídas profesionais, xa que, segundo o último Informe Infoempleo Adecco, o 4,5% das ofertas de emprego publicadas fai referencia específica a esta titulación e os seus titulados/ as poden optar ao 10,65 % das ofertas nas que se solicitan estudos universitarios.

Con todo, a saturación do mercado laboral tamén afecta á contratación deste tipo de profesionais. Isto quere dicir que se queremos estar seguros ao 100% de obter un traballo cunha titulación de ADE será necesario que ademais obteñamos unha certificación dun nivel alto de inglés e adquiramos “habilidades brandas”.

Memoria para a solicitude do títuloPlan estudos/estudios con códigos matrícula
Táboas de recoñecementos entre as Universidades de Galicia
Plan de estudos
1º CURSO
1º CUADRIMESTRE ECTS 2º CUADRIMESTRE ECTS
Microeconomía 9 Economía Española e Mundial 6
Fundamentos de Administración Empresarial 6 Matemáticas das Operacións Financeiras 6
Historia Económica 6 Xestión de Empresas 6
Matemáticas 9 Estatística 6
Dereito Mercantil 6
Total 30 Total 30
2º CURSO
1º CUADRIMESTRE ECTS 2º CUADRIMESTRE ECTS
Contabilidade Financeira I 6 Contabilidade Financeira II 6
Dirección de Operacións 9 Decisións de Investimento 6
Dirección de Recursos Humanos 9 Dirección Comercial I 6
Econometría 6 Macroeconomía 6
Políticas Económicas 6
Total 30 Total 30
3º CURSO
1º CUADRIMESTRE ECTS 2º CUADRIMESTRE ECTS
Decisións de Financiamento 6 Análise Contable 9
Dirección Comercial II 6 Contabilidade de Custos 9
Dirección Estratéxica 6 Dirección Estratéxica Internacional 6
Réxime Fiscal da Empresa I 6 Valoración de Activos 6
Teoría da Organización 6
Total 30 Total 30
4º CURSO
1º CUADRIMESTRE ECTS 2º CUADRIMESTRE ECTS
Investigación Comercial 6 Optativa 4 6
Planificación Financeira 6 Optativa 5 6
Optativa 1 6 Optativa 6 6
Optativa 2 6
Optativa 3 6 Traballo Fin de Grao 12
Total 30 Total 30

Optativas 1º cuadrimestre: Auditoría; Mercadotecnia Sectorial; Dereito do Comercio Internacional; Enxeñería Financeira; Finanzas Internacionais; Xestión do Coñecemento e da Innovación Tecnolóxica.
Optativas 2º cuadrimestre: Contabilidade Financeira Avanzada; Creación e Simulación de Empresas; Dereito Penal da Empresa; Dirección de recursos da Información; Mercadotecnia Responsable; Xestión Bancaria.

Saídas profesionais

As principais áreas de actividade para unha persoa que consiga o Grao en ADE son as seguintes:

  • Creación da túa propia empresa
  • Auditoría de contas
  • Consultoría
  • Dirección Xeral
  • Dirección económica-financeira
  • Marketing, trade márketing e vendas
  • Dirección da área internacional da empresa
  • Banca e servizos financeiros: executivos/ as comerciais, dirección de oficina, dirección comercial, analistas de riscos, xefe/a de servizo de estudos, analistas de sociedades de valores, banca de investimento, xestión de patrimonios, carteiras e fondos...
  • Outras áreas: departamentos de loxística e compras, xestión de operacións, departamentos fiscais, recursos humanos, calidade, innovación, emprendemento, desenvolvemento organizativo, responsabilidade social corporativa, departamentos de estudos; etc.
¿A quén vai dirixido?

Os estudos de Administración e Dirección de Empresas (ADE) van dirixidos a persoas cunha especial sensibilidade polo espírito emprendedor e creativo, ademais dunha predisposición para adquirir competencias relacionadas coa comprensión do ámbito empresarial, a interpretación da realidade económica e a aplicación dos coñecementos para unha xestión eficiente da empresa.