Emprego

As prácticas académicas externas, reguladas polo Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, son unha actividade de natureza formativa que ten como obxectivo que os estudantes apliquen e complementen os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

Máis información

A Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade do Porto, a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e a Universidade Católica Portuguesa, organizan desde o ano 2006 a Feira Internacional do Emprego Universitario – FINDE.U.

Máis información

Ademais de ofrecerche a túa formación académica, na Universidade de Vigo axudámosche a mellorar a túa empregabilidade tanto con cursos e talleres como con prácticas profesionais que completen esa formación e que che aproximen á túa primeira oportunidade laboral.

Máis información

Foro organizado na Facultade de Económicas para poñer en contacto cos seus empregadores aos alumnos dos graos de ADE, Economía, Dereito e Dereito Económico.

Máis información