ADE-Economía Uvigo en 2º lugar do ranking Universidade-Empresa da Fundación Everis

 Publicouse o Ranking da Fundación Everis que ordea aos centros universitarios españoles, agrupados por ámbitos de coñecemento, en base ás competencias requeridas polas empresas.

Dentro do ámbito xuríco-económico, as titulacións de ADE, Dereito e Economía da Universidade de Vigo sitúanse en segundo lugar de todo o estado español con 7'73 puntos sobre 10, empatados coa Universidade de Valencia e só por detrás da Universidade de Sevilla que ten un 7'92.

As principais conclusións do estudo son:

  • Redúcese a distancia entre as ferramentas demandadas polas empresas e as ofrecidas polas universidades
  • As habilidades interpersoais e de comunicación sitúanse en primeiro lugar en detrimento do análise e resolución de problemas
  • Honestidade e compromiso ético siguen sendo as cualidades máis valoradas
  • ADE e Enxeñería Industrial seguen sendo as titulacións máis demandadas