DOCENCIA EN INGLÉS

No curso 2017/18 existirá a posibilidade de cursar na FCEE algunhas materias en inglés, tanto no grao en ADE como no de Economía. Con ese obxecto, elaborouse un plan de internacionalización a tres anos vista que abrangue o período 2017/18 - 2019/20.

  • No Grao en ADE ofértanse inicialmente 18 ECTS no 1º cuadrimestre e 36 ECTS nos 2º cuadrimestre.
  • No Grao en Economía ofértanse 36 ECTS no 1º cuadrimestre e 12 ECTS no segundo.
  • Para os estudantes de mobilidade hai compatibilidade horaria polo menos en 30 ECTS dalgún dos cuadrimestres, co obxecto de que teñan facilidade para cubrir os seus contratos de intercambio.

No enlace que segue podese consultar a oferta detallada de materias para os distintos anos e graos. A estrutura de horarios está dispoñible no correspondente apartado de organización académica.

Para adscribirse ao Plan é preciso ter como mínimo un 6'5 no exame dese idioma das probas de acceso á universidade ou acreditar un B2 (ou certificado equivalente). De non telo xa, o estudante comprométese a acreditar dito nivel (B2) antes de empezar o terceiro curso.

A Facultade ten previsto ofertar diferentes cursos de inglés como apoio para acadar un manexo razoable, tanto a nivel oral como escrito, e un dominio básico do léxico económico empresarial. Esa oferta anunciarase oportunamente na sección de actividades de interese da web.