Home >

Practicas en empresas

Ao abeiro do disposto no RD 592/2014 sobre prácticas externas nos estudos universitarios, as titulacións que se imparten na Facultade contemplan a posibilidade de que os estudantes fagan prácticas externas en empresas ou institucións.

Tal e como se especifica no RD, esas prácticas poden ser de dous tipos:

  • Curriculares.- Incluídas dentro do plano de estudos.
  • Extracurriculares.- Non incluídas no plano de estudos, pero recollidas no Suplemento Europeo ao Título.

No noso centro, debido ao número de estudantes, os graos contan con prácticas extracurriculares mentres que os mestrados, na súa maior parte, contan con prácticas curriculares.

A normativa de carácter xeral aplicable a realización das prácticas é a seguinte:

Información específica sobre regulamentos, procedementos, convenios, etc., atópase na Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento.