Home >

Traballo de Fin de Grao

Aspectos fundamentais.

É un traballo a desenvolver de forma individual e autónoma, aínda no caso de ser un traballo conxunto de varios estudantes, de carácter integrador, encamiñado a mostrar a adquisición das competencias vinculadas co título.

Para matricularse del é preciso facelo de todos os créditos que resten para rematar o grao polo que hay que ter en conta a limitación de matrícula existente na UVigo, que é de 75 ECTS.

No primeiro mes de curso publicaranse a oferta temática e os titores de cada tema para que cada estudante poda informase sobre aqueles temas que lles resulten de interese.
 
De ser o caso, tamén o estudante poderá presentar unha proposta temática, sempre que conte co visto bo dun titor que lle axude a desenvolvela.
 
Na prazo que se estableza, convocarase unha reunión para que os estudantes, por orde de expediente, vaian elixindo traballos de entre os ofertados ata que todos os matriculados teñan un tema asignado.
 
O titor, cando considere rematado o traballo, debe facer unha valoración global do mesmo. Con ese informe, o estudante poderá solicitar na súa Secretaría Virtual, data de defensa pública diante dun tribunal, sempre que teña superados todos os créditos do grao, agás o propio TFG. En todo caso, a cualificación só se fará efectiva cando se cumpla tal condición.
 
De non superar o TFG en calquera dos períodos de exame (ordinario ou extraordinario), o tribunal emitirá un informe razoado e o estudante poderá continuar co tema elixido por un ano mais.

 

Normativa específica.