Entrega premios Isaac Díaz Pardo aos mellores TFG

 Este venres 11 de maio, ás 19:00 horas, vai ter lugar no Salón de Graos da Facultade a entrega dos Primeiros Premios Isaac Díaz Pardo aos mellores TFG do ámbito Económico-Empresarial.

O acto contará como convidada especial con Irene Garrido Valenzuela, Secretaria de Estado de Economía e Apoio ás Empresas (Ministerio de Economía, Industria e Competitividade) e profesora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade.

Dende o decanato queremos animar a os posibles interesados a asistir, contribuíndo a consolidar esta iniciativa do Colexio de Economistas de Pontevedra que ten un marcado interese para os nosos estudantes.