IMPORTANTE: PREINSCRICIÓN OPTATIVAS 4º

Optativas de nova matrícula

A asignación de estudantes ás materias farase mediante un sistema telemático, a través da secretaría virtual (en adiante, SV). A aplicación estará accesible entre o 10 e o 19 de xullo de 2019.

Solicitude de matrícula

Nas datas sinaladas, o alumnado debe entrar na súa SV e:

1.- Expresar a súa intención ou non de cursar materias en inglés,

2.- Indicar o número de materias optativas das que se quere matricular en cada cuadrimestre

3.- Xerarquizar as súas preferencias de materias.

Nas materias con docencia en inglés (só se ofertan no grao en ADE) impártese tanto o grupo teórico como o práctico en inglés. En concreto,  no  2019  -  2020 farano as materias: Xestión do coñecemento e da innovación tecnolóxica no primeiro cuadrimestre, e Contabilidade financeira avanzada no segundo.

 

Procedemento para o alumnado que elixe materias con docencia en inglés:

1.- O alumnado que escolla a docencia en inglés terá automaticamente asignadas estas dúas materias como materias con preferencia 1:

-       Xestión do coñecemento, no primeiro cuadrimestre.

-       Contabilidade financeira avanzada, no segundo cuadrimestre

2.- Ademais terá asignado o grupo práctico Gp1 para o resto das materias que o sistema lles asigne para completar o número de materias solicitadas por cuadrimestre, e o grupo práctico GpA1 para as materias obrigatorias  de 4º das que se matriculen.

3.- Se algún membro do alumnado non pode matricularse de ningunha materia  en inglés, por telas superado ou por non solicitar materias nun cuadrimestre, non poderá elixir a opción de docencia en inglés para as materias optativas.

  

Asignación de alumnado ás materias optativas:

Rematado o prazo, o sistema asignará as prazas dispoñibles (todas as optativas terán unha cota máxima para garantir que non hai grandes desproporcións entre  elas) entre o alumnado que teña superado, nese momento, máis de 90 créditos da titulación, en función dos seguintes criterios:

1.  Nota media do expediente académico ponderada pola porcentaxe, en tanto por un, que representa o número de créditos superados entre o número total de créditos da titulación.

2.  En caso de empate teranse en conta o número, por esta orde, de matrículas de honra, sobresaíntes, notables e aprobados conseguidos.

A asignación non depende do momento no que se fai  a  preinscrición (sempre que se faga en prazo), se non do grao de cumprimento dos criterios por parte do/a estudante na data de finalización do prazo.

Matrícula

No momento da matrícula, a aplicación só permitirá a cada alumno/a matricularse naquelas materias optativas nas que dispón de praza asignada.

Se non se fai a preinscrición, non é posible matricularse nada mais que daquelas materias das que xa estivese matriculado/a antes ou daquelas nas que queden prazas baleiras.

O alumnado propio que vaia a acollerse á mobilidade no curso 2019-2020 terá que facer a preinscrición unicamente para as materias do cuadrimestre que cursará na nosa universidade.

 

Optativas das que xa se estivese matriculado e non se superaron

Por defecto, estarán sempre dispoñibles e o/a estudante poderá matricularse delas   se é o seu desexo, non precisando facer preinscrición.

A asignación do grupo práctico vai a depender de se se preinscribe dalgunha optativa máis ou non. No primeiro caso, o grupo práctico asignado na materia que repite será o mesmo asignado pola preinscrición. Noutro caso, o grupo asignarao directamente o Decanato.