PREINSCRICIÓN Optativas 4º Graos Curso 2018/19

 

O vindeiro luns 2 de xullo de 2018 ábrese o prazo para preinscribirse nas materias optativas de 4º curso dos graos, prazo que remata o 19 de xullo.

  • A preinscrición farase mediante unha aplicación informática, creada ao efecto, que está dispoñible na secretaría virtual do estudante.
  • Ao entrar na aplicación deberán xerarquizarse as materias segundo as preferencias de cada un e, no caso de que existan optativas en inglés (só no grao en ADE), o estudante deberá decidir se quere ter docencia nesa lingua.
  • Unha vez rematado o proceso, a asignación de materias e grupos prácticos concedida a cada estudante estará dispoñible, na mesma aplicación, na semana seguinte ao remate do prazo.
  • No período de matricula (con carácter xeral, do 7 a 27 de agosto), o alumnado só se poderá matricular daquelas materias das que se lle teña concedido grupo.
  • Lémbrase que, no caso de non facer a preinscrición, só será posible matricularse daquelas optativas e grupos (e sempre o mesmo grupo para todas) nos que queden prazas baleiras (ou que se tivesen cursado previamente pero non se superaran).

Para máis información:  http://fccee.uvigo.es/optativas-criterios-de-asignacion-de-estudantes-a-grupos-curso-2018-2019.html