Simultaneidade Ade-Dereito

Programa de Simultaneidade ADE-Dereito

Benvidos ao programa de Simultaneidade ADE-Dereito da Universidade de Vigo que se imparte no Campus de Vigo.

A simultaneidade permite ao alumnado obter en cinco anos dous títulos, un de graduado en Administración e Dirección de Empresas e outro de graduado en Dereito, cun perfil profesional moi demandado polo sector empresarial, o que o sitúa entre as ofertas máis atractivas das Universidades de España no que á duración de estudos se refire.  A titulación impártese nun grupo cun horario e un calendario de exames propio.

Además, a programa ofertará cursos extra-curriculares encamiñados á formación en idiomas e en habilidades e capacidades demandadas polas empresas.

Estrutura de materiasNormativa específica
Plano de estudos

DOCENCIA

A simultaneidade permite que un estudante poida obter en 5 años, 2 títulos oficiais: Graduado en Administración e Dirección de Empresas e Graduado en Dereito.

Para superar o programa, o estudantado ten que cursar un total de 366 créditos ECTS, distribuidos en cinco anos a razón de 36 créditos ECTS os primeiros 7 cuadrimestres, 39 o oitavo, 33 o noveno e 42 o último cuadrimestre . As clases impártense na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ou na Facultade de Ciencias Xurídicas en función do curso: 1º, 3º e 1ºcuadrimestre de 5º na Facultad de CC. Xurídicas e do traballo; 2º, 4º e 2º cuadrimestre de 5º na Facultade de CC. Económicas e Empresariais.

1º CURSO

No primeiro ano, o alumnado só cursa Materias de Formación Básica (FB). Éstas son materias con contidos son considerados básicos dentro da Rama de Coñecemento (neste caso “Ciencias Sociais e Xurídicas”) pero non son necesariamente específicos da titulación. Así, por exemplo, cúrsanse materias de os ámbitos “xurídico” e “empresarial”, pero tamén do ámbito “económico” e do ámbito “científico”.

Materias

Neste curso impártense 10 asignaturas de Formación Básica:

  • Catro asignaturas do “ámbito xurídico”: Dereito Constitucional IDereito RomanoHistoria do DereitoTeoría do Dereito.
  • Dúas asignaturas do “ámbito empresarial”: Fundamentos de Administración e Xestión de Empresas.
  • Dúas materias do “ámbito económico”: Economía Española e MundialMicroeconomía.
  • Dúas “materias instrumentais” que proporcionan as ferramentas analíticas necesarias para a comprensión doutras materias que se imparten na titulación de Administración de Empresas: MatemáticasEstatística.

2º CURSO

No segundo año, o alumnado cursa o resto de Materias de Formación Básica (FB) que contén o Programa de Simultaneidade e empeza a cursar Materias Obrigatorias dos 2 graos.

Materias

Neste curso impártense 4 materias de Formación Básica:

  • Dúas do “ámbito xurídico”: Dereito Constitucional II e Introdución ao Dereito Civil e Dereito da Persoa.
  • Dúas materias do “ámbito empresarial”: Matemáticas das Operacións FinanceirasContabilidade Financeira I.

O curso complétase con 7 asignaturas obrigatorias:

  • Tres materias do “ámbito económico”: Econometría, Macroeconomía e Políticas Económicas.
  • Catro materias do “ámbito xurídico”: Dereito da Unión Europea, Dereito Internacional Público, Dereito Civil I e Dereito Penal I.

3º CURSO

No terceiro ano, o alumnado cursa 6 materias obrigatorias do grao en ADE e 4 materias obrigatorias do grao en Dereito. 

Materias

Neste curso impártense 10 materias obrigatorias:

  • Seis materias do “ámbito empresarial”: Dirección de Operacións, Contabilidade Financiera IIDirección de Recursos HumanosDirección Comercial IDecisións de InvestimentoTeoría da  Organización.
  • Catro materias do “ámbito xurídico”: Dereito Administrativo I, Dereito Penal II, Dereito Civil IISistema Xudicial Español e Proceso Civil.

4º CURSO

No cuarto año, o alumnado cursa 6 materias obrigatorias do grao en Dereito e 4 materias obrigatorias do grao en ADE.

Materias

Neste curso impártense 10 materias obrigatorias:

  • Seis materias do “ámbito xurídico”: Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Procesual Penal, Dereito Administrativo II, Dereito Mercantil I, Dereito Financeiro e Tributario I e Dereito Civil III.
  • Catro materias do “ámbito empresarial”: Contabilidade de Custos, Dirección Comercial II, Análise Contable e Decisións de Finanzamento.

5º CURSO

No quinto ano, o último da simultaneidade, o alumnado  cursa tres materias oblrgatorias do “ámbito xurídico” e seis do “ámbito empresarial” e realiza os Traballos de Fin de Grao de ADE e de Dereito.

Materias

Neste curso impártense 9 materias obrigatorias:

  • Tres materias do “ámbito xurídico”: Dereito Financeiro e Tributario II, Dereito Mercantil II e Dereito Internacional Privado.
  • Seis materias do “ámbito empresarial”: Valoración de Activos, Dirección Estratéxica, Planificación Financeira, Réxime Fiscal da Empresa, Investigación Comercial e Dirección Estratéxica Internacional.

Ademais, realízanse os Traballos de Fin de Grao de ADE e de Dereito

Saídas profesionais

A simultaneidade aúna as saídas profesionais de Dereito e ADE, o que lle outorga un valor engadido que lle permite acceder a: a alta dirección empresarial, os grandes despachos profesionais e os cuerpos superiores da Administración Pública.

  • Departamentos de planificación económica, financiera y estratégica
  • Áreas de análisis y estudios económicos
  • Áreas de comercio y economía internacional

Estas actividades las podrá ejercer profesionalmente en:

  • Instituciones financieras
  • Sector público estatal o autonómico
  • Organizaciones económicas internacionales: Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, OCDE, Organización Mundial del Comercio, Banco Europeo de Inversiones, etc.
  • Departamentos de corporaciones privadas

También puede:

  • Realizar actividades de docencia y/o de investigación
A quén vai dirixido?

A estudiantes con interese por cuestións sociais a quen lles atraian os desafíos intelectuais. Esto inclúe estudantes con formación previa a nivel de bacharelato nas áreas de ciencias sociais e científicas. Son útiles os coñecementos previos de matemáticas de rama científica e economía de rama social a nivel de bacarelato pero o alumnado pode acceder ao programa con niveis distintos de ambas. Búscanse personas con capacidade de traballo, de síntese e abstracción.

O obxectivo da simultaneidade é formar profesionais no ámbito xurídico-empresarial que respondan ás necesidades das empresas e que poidan optar a ocupar postos de alta dirección. Para acadar este obxectivo, queremos captar un alumnado que conxugue talento e capacidade de trabajo.