Cambios quenda

Na Facultade emprégase un sistema de solicitude no momento da matricula á hora de asignar estudantes aos grupos de docencia. Deste xeito, os estudantes, unha vez cumprimentada esta, son redirixidos a unha aplicación informática na que teñen que xerarquizar as súas preferencias de grupos de práctica. Unha vez rematado o prazo de matrícula, a aplicación asígnalles un en base aos méritos aportados (entre outros, media do expediente, créditos superados, número de matriculas, sobresaintes e notables, etc.). A asignación do grupo de teoría está implícita ao asignar o grupo práctico.

Cada ano, o Decanato organiza, en función das posibilidades, un sistema de cambios de quenda. De ser o caso, ábrese un prazo a principios do curso para que os estudantes soliciten aqueles cambios que estimen oportunos. A resolución das solicitudes atenden a cuestións diversas como: cargas familiares, incompatibilidades de horario, traballo ou problemas de transporte. 

O PRAZO PARA A ENTREGA DA SOLICITUDE PARA O CURSO 2017/18 REMATA O 13 DE SETEMBRO.

NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES FÓRA DESA DATA.