Traballo de Fin de Grao

Aspectos fundamentais.

É un traballo a desenvolver de forma individual e autónoma, aínda no caso de ser un traballo conxunto de varios estudantes, de carácter integrador, encamiñado a mostrar a adquisición das competencias vinculadas co título.

Para matricularse del é preciso facelo de todos os créditos que resten para rematar o grao polo que hay que ter en conta a limitación de matrícula existente na UVigo, que é de 75 ECTS.

No primeiro mes de curso publicaranse a oferta temática que fan os departamentos e os docentes encargados de cubrila. Nese momento, falarase cos titores vinculados ao bloque temático que interese para concretar o tema do traballo.
 
De ser o caso, o estudante poderá presentar unha proposta temática, sempre que conte co visto bo dun titor que lle axude a desenvolvela.
 
O titor, cando considere rematado o traballo, debe facer unha valoración global do mesmo. Con ese informe, o estudante poderá solicitar no decanato data de defensa pública diante dun tribunal, sempre que teña superados os dous primeiros cursos do grao e 45 ECTS do 3º curso.

De aprobar, a cualificación só se fará efectiva cando se teñan superadas todas as materias do grao, agás o propio TFG. No caso de non superar o TFG en calquera dos períodos de exame (ordinario ou extraordinario), o tribunal emitirá un informe razoado e o estudante poderá continuar co tema elixido por un ano mais.

 

Normativa específica.