¿Vasche?

Para ser admitido no proceso é necesario non ter máis de catro materias suspensas e unha nota media de expediente superior a 5, ambas as calculadas no momento da solicitude. A orde de elección será determinado polo expediente académico e as certificacións de idiomas. Ademais, tal e como o inclúe o Plan de Internacionalización Lingüística da Universidade de Vigo, os alumnos que participen no devandito plan terán preferencia no caso de que teñan a mesma puntuación.

CONVOCATORIA ERASMUS+ 2019-2020

Documentos de descarga para a convocatoria:

Learning agreement
Documento de aceptación ou renuncia
Ficha perceptores
Carta estudiante erasmus
Información básica das universidades de destino
Certificado de estancia
Guía para estudiantes erasmus
Checklist erasmus

ISEP ( International Student Exchange Programme) é unha rede de máis de 200 universidades de todo o mundo, que ten como obxectivo facilitar a mobilidade física de estudantes de últimos anos e posgrao. Grazas a este programa, no que participan só sete universidades españolas, o custo carrexado ao desenvolvemento dun cuadrimestre ou dun ano académico completo nos EE. UU. queda reducido a preto dunha décima parte.

A través do ISEP, o alumnado da Universidade de Vigo pode realizar nunha universidade americana un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro ou xaneiro-maio), elixindo entre máis de 150 universidades estadounidenses e unha ampla gama de programas de estudos. De maneira xeral, a Universidade de Vigo ten asignado un máximo de 15 prazas anuais ou 30 dun semestre.

O alumnado indicará na súa solicitude ata un máximo de 10 universidades estadounidenses nas que desexen cursar estudos, así como os cursos ou programas de estudos nos que soliciten matricularse.

Os candidatos admitidos terán aloxamento e manutención gratuítos, segundo o sistema de reciprocidad institucional, durante a súa estancia na universidade estadounidense e non abonarán taxas de matrícula na universidade receptora. Na solicitude, os candidatos indicarán se optan pola modalidade de pago ou de familia. A Universidade de Vigo recibirá igualmente un grupo de estudantes norteamericanos que cursarán parte dos seus estudos nos centros da Universidade de Vigo.

A Universidade de Vigo e ISEP encárganse tamén da maior parte dos trámites burocráticos (incluíndo o visado J-1) e facilitan a entrada do alumnado da Universidade de Vigo nas institucións estadounidenses.

Para máis información sobre o programa consulte nesta páxina web:
– a convocatoria en vigor
– a relación de universidades estadounidenses que participan no programa
– a páxina oficial do programa: http://www.isep.org, onde tamén se atopará un buscador das universidades de EEUU que participan en ISEP organizado por áreas de estudo.
– a listaxe de coordinadores institucionais ISEP en USA (cos que os estudantes estarán en contacto tras ser admitidos na universidade estadounidense).
– a relación de destinos ISEP noutros anos

Consulta as convocatorias

O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España ( SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por Crue-Asuntos Estudantís e Crue-Internacionalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000. Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos (un semestre ou un ano completo) nunha institución universitaria española distinta a aquela na que o alumno se atopa matriculado, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.

Este sistema de intercambio ten en conta o valor formativo do intercambio, ao facer posible que o estudante experimente sistemas docentes distintos, incluídos o réxime de prácticas, así como os distintos aspectos sociais e culturais doutras Autonomías e Cidades Autónomas.

O intercambio de estudantes baséase na confianza entre as institucións, a transparencia informativa, a reciprocidad e a flexibilidade.

A oficina técnica de SICUE coordínase desde a Secretaría Xeral de Crue Universidades Españolas e é a encargada do desenvolvemento das convocatorias.​

Crue Universidades Españolaspon ao dispor da comunidade universitaria a seguinte dirección de correo, desde a que atenderemos as súas dúbidas e comentarios sobre o programa SICUE no prazo máis breve posible: consultas.sicue@crue.org

Impresos e documentación

Convocatoria SICUE 2019/2020

Preguntas frecuentes (FAQ)
​
Documento de recomendacións
Plantilla táboa de Acordos Bilaterais Universidades
Solicitude de mobilidade académica
​
Relación priorizada de solicitudes
Impreso de Renuncia​
Acordo académico
Certificado de chegada a destino​​
Listado de prazas ofertadas 2019-2020​​