Novos Graos

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo adaptou os seus estudos ao Espacio Europeo de Educación Superior no curso académico 2009/10.

Unha vez obtido a conformidade por parte da ANECA ao informe de verificación, implantáronse os primeiros cursos dos graos en Administración de Empresas e Economía, ambos encadrados dentro da rama xurídico-social.

O proceso estaba previsto que rematase no 2012/13 coa entrada dos cuartos. Non obstante, na titulacion de Economía acordouse a implantación en bloque no curso 2010/11.

No curso 2014/15 entra un programa ADE-Dereito, articulado sobre un grupo específico de simultaneidade de estudos que permitirá obter as dúas titulacións nun prazo de cinco anos.

No curso 2016/17 ponse en marcha un programa de docencia en inglés en ambas titulacións, derivado dun programa piloto que se viña desenvolvendo de xeito experimental.