Materias Optativas. Criterios de asignación de estudantes a grupos

 

CURSO 2017-2018

 

Optativas de nova matrícula.

A asignación de estudantes ás materias faise mediante unha aplicación informática específica á que se accede dende a Secretaría Virtual do estudante.

Dita aplicación está accesible entre o 6 e o 14 de xullo. Nesas datas o alumnado debe entrar na mesma, expresar a súa intención ou non de cursar materias en inglés, establecer o número de materias optativas das que se quere matricular en cada cuadrimestre (3 ou menos) e xerarquizar as súas preferencias de materias.

No curso 2017-2018 existen dúas optativas de 4º do Grao en Administración e Dirección de Empresas que impartirá docencia en inglés tanto en todas as sesións do grupo teórico como nas do práctico. Estas materias tamén impartirán as mesmas sesións teóricas e prácticas no idioma habitual. As materias son: Xestión do coñecemento e da innovación tecnolóxica no primeiro cuadrimestre, e Contabilidade financeira avanzada no segundo.

Os alumnos que escollan a docencia en inglés terán automaticamente asignadas estas dúas materias como materias con preferencia 1 no primeiro (Xestión do coñecemento), e no segundo cuadrimestre (Contabilidade financeira avanzada). Ademais terán asignado o grupo práctico GLOP1 (Grupo de Laboratorio de optativas 1) para o resto das materias que o sistema lles asigne para completar o número de materias solicitadas por cuadrimestre.

Á hora de recibir docencia en inglés ou no idioma habitual, os alumnos do GLOP1 se dividirán e irán á aula e no momento asignado á sesión correspondente ó tipo de idioma que tiveran elixido.

Se algún membro do alumnado non pode matricularse de ningunha materia en inglés por telas superado ou por non solicitar materias nun cuadrimestre, non poderá elixir a opción de docencia en inglés para as materias optativas.

Rematado o prazo, o sistema asignará as prazas dispoñibles (todas as optativas terán unha cota máxima para garantir que non hai grandes desproporcións entre elas) ó alumnado que teña superado nese momento máis de 120 créditos da titulación, en función dos seguintes criterios:

      1.        Elixir cursar optativas en inglés.

2.        Estar graduado.

3.        Número de ECTS básicos e obrigatorios superados.

4.        Expediente académico.

5.        Número de matrículas de honra, sobresaíntes, notables e aprobados conseguidos.

Polo tanto, a asignación non depende do momento no que se fai a preinscrición (sempre que se faga en prazo), se non do grao de cumprimento dos criterios por parte do estudante.

No momento da matrícula, a aplicación  só permitirá a cada membro do alumnado matricularse naquelas materias optativas nas que dispón de praza asignada.

Se non se fai a preinscrición, non é posible matricularse nada mais que de aquelas materias das que xa estivese matriculado antes ou daquelas nas que queden prazas baleiras.

O alumnado propio que vaia a acollerse á mobilidade no curso 2017-2018 terá que facela preinscrición unicamente para as materias do cuadrimestre que cursará na nosa universidade.

 

Optativas das que xa se estivese matriculado sen superarse.-

Por defecto, estarán sempre dispoñibles e o estudante poderá matricularse delas se é o seu desexo, non precisando facer preinscrición.

A asignación do grupo práctico vai a depender de si se preinscribe dalgunha optativa máis ou non. No primeiro caso, o grupo práctico asignado na materia que repite será o mesmo asignado pola preinscrición. Noutro caso, o grupo asignarao directamente o decanato.