Materias Optativas. Criterios de asignación de estudantes a grupos

 

MATERIAS OPTATIVAS A MATRICULAR NO CURSO 2018-2019

 

Optativas de nova matrícula

A asignación de estudantes ás materias faise  mediante unha aplicación informática específica á que se accede dende a Secretaría Virtual do estudante.

Dita aplicación está accesible entre o 2 e o 19 de xullo de 2018. Nesas datas o alumnado debe entrar na mesma, expresar a súa intención ou non de cursar materias en inglés, establecer o número de materias optativas das que se quere matricular en cada cuadrimestre (3 ou menos) e xerarquizar as súas preferencias de materias.

As materias con docencia en inglés (só no grao en ADE) imparten tanto o grupo teórico como práctico en inglés (Grupo de Laboratorio en Inglés de Administración de empresas: GLIA). En concreto, no 2018/19 farano as materias: Xestión do coñecemento e da innovación tecnolóxica no primeiro cuadrimestre, e Contabilidade financeira avanzada no segundo.

O alumnado que escolla a docencia en inglés terá automaticamente asignadas estas dúas materias como materias con preferencia 1 no primeiro (Xestión do coñecemento) e no segundo cuadrimestre (Contabilidade financeira avanzada). Ademais terán asignado o grupo práctico GLOP1 para o resto das materias que o sistema lles asigne para completar o número de materias solicitadas por cuadrimestre, e o grupo práctico GLA1 para as materias obrigatorias de 4º das que se matriculen.

Se algún membro do alumnado non pode matricularse de ningunha materia en inglés por telas superado ou por non solicitar materias nun cuadrimestre, non poderá elixir a opción de docencia en inglés para as materias optativas.

Rematado o prazo, o sistema asignará as prazas dispoñibles (todas as optativas terán unha cota máxima para garantir que non hai grandes desproporcións entre elas) ó alumnado que teña superado nese momento máis de 90 créditos da titulación, en función dos seguintes criterios:

1.        Elixir cursar optativas en inglés (só no grao en ADE).

2.        Estar graduado.

3.        Número de ECTS básicos e obrigatorios superados.

4.        Expediente académico.

5.        Número de matrículas de honra, sobresaíntes, notables e aprobados conseguidos.

Polo tanto, a asignación non depende do momento no que se fai a preinscrición (sempre que se faga en prazo), se non do grao de cumprimento dos criterios por parte do/a estudante.

No momento da matrícula, a aplicación  só permitirá a cada membro do alumnado matricularse naquelas materias optativas nas que dispón de praza asignada.

 Se non se fai a preinscrición, non é posible matricularse nada mais que de aquelas materias das que xa estivese matriculado/a antes ou daquelas nas que queden prazas baleiras.

O alumnado propio que vaia a acollerse á mobilidade no curso 2018-2019 terá que facela preinscrición unicamente para as materias do cuadrimestre que cursará na nosa universidade.

 

Optativas das que xa se estivese matriculado sen superarse

Por defecto, estarán sempre dispoñibles e o/a estudante poderá matricularse delas se é o seu desexo, non precisando facer preinscrición.

A asignación do grupo práctico vai a depender de se se preinscribe dalgunha optativa máis ou non. No primeiro caso, o grupo práctico asignado na materia que repite será o mesmo asignado pola preinscrición. Noutro caso, o grupo asignarao directamente o decanato.