Prácticas externas nos mestrados

Todos os mestrados impartidos na Facultade contemplan a realización de prácticas externas por parte dos seus estudantes. En moitos casos, estas prácticas son de tipo curricular (dentro do plano de estudos), aínda que hai excepcións que contemplan prácticas extracurriculares (fora do plano de estudos).

De seguido indícanse aqueles que teñen previsto a realización de prácticas e o tipo. Para realizalas hai que atender ao establecido en cada mestrado, contactando cos responsables do mesmo.

  • Mestrado en Finanzas

Prácticas curriculares

  • Mestrado en Innovación Industrial e Optimización de Procesos

Prácticas curriculares.

  • Mestrado en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial

Prácticas curriculares

  • Mestrado en Técnicas Estatísticas

Prácticas extracurriculares

  • Mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible

Prácticas curriculares