Prácticas nos Graos

Os estudantes matriculados nos graos de ADE e Economía poden facer prácticas en empresas e outras institucións aínda que non aparezan explicitamente no plano de estudos.

Estas prácticas, chamadas extracurriculares, recoñécense como créditos optativos, restando dos 36 ECTS optativos incluídos no cuarto curso. A conversión é de 1 ECTS por cada 25 horas realizadas.

Contémplanse dous tramos de recoñecemento: 6 ou 12 ECTS.

Tal e como establece a normativa propia do centro, para obter o recoñecemento dos 6 primeiros ECTS, o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter o informe favorable do titor externo.
  • Elaborar unha memoria que conteña, como mínimo, os puntos recollidos no RD 1707/2011.
  • Ter informe favorable do titor académico.

Para poder optar ao segundo tramo, ademais de contar co informe favorable do titor externo correspondente ao primeiro tramo de prácticas, o estudante deberá:

  • Ter informe favorable do titor externo respecto ao segundo tramo.
  • Elaborar unha memoria ampliada, seguindo as indicacións do titor academico.
  • Acadar informe favorable de dito titor académico deste segundo tramo de prácticas.
 
Procedemento.

Para facer as prácticas, haberá que solicitar unha praza na Fundación Universidade de Vigo. Unha vez obtida e realizadas as horas pertinentes, hai que pedir na FUVI o informe das prácticas realizadas. Nel se recollen as horas realizadas e o informe favorable do titor externo.

Con esa documentación o estudante dirixirase ao centro para solicitar o recoñecemento dos créditos correspondentes. Concretamente, deberá dirixirse ao titor académico, actualmente Raquel Arévalo ( Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo ) para obter o informe favorable ao tramo desexado e facer a solicitude.
 
 
Realización.

Unha vez desaparecidas as restricions de prazos, xa é posible solicitar a renuncia das materias optativas en calquera momento dentro do curso académico no que se realizan as prácticas (de setembro a xullo).

En todo caso, hai que ter en conta que para poder facer o TFG é preciso matricularse de todas as materias pendentes polo que pode ser desexable adiantalas no verán do 3º curso. Así, de non telas completas antes do período de matrícula (habitualmente no mes de agosto), sempre será posible renunciar as optativas que non sexan precisas para completar os 240 ECTS do grao nos períodos habilitados ao efecto no 1º e/ou no 2º semestre.

No caso de querer facelas no 4º curso, habería que compaxinalas cos horarios do 1º (continuado de mañá e tarde)  ou 2º semestre, renunciando aos créditos optativos non necesarios antes de que remate o curso académico.
 
Normativa Aplicable.