Preinscripción optativas 4º para o curso 2022/23

MATERIAS OPTATIVAS A MATRICULAR NO CURSO 2022-2023

Optativas de nova matrícula.

A asignación de estudantes ás materias faise mediante unha aplicación informática específica á que se accede dende a Secretaría Virtual do estudante.

Dita aplicación está accesible entre o 11 e o 18 de xullo, ambos inclusive. Nesas datas o alumnado debe entrar na mesma, expresar a súa intención ou non de cursar materias en inglés, establecer o número de materias optativas das que se quere matricular en cada cuadrimestre (3 ou menos) e xerarquizar as súas preferencias de materias.

As persoas que necesiten matricularse de materias optativas pero que as vaian cursar mediante un contrato de intercambio noutra universidade, e leven estas materias no contrato de intercambio non necesitarán facela preinscripción.

As materias con docencia en inglés imparten tanto o grupo teórico como práctico en inglés (Grupo de Laboratorio en Inglés de Administración de empresas: GLIA). En concreto, no 22/22 farano as materias: Xestión do coñecemento e da innovación tecnolóxica no primeiro cuadrimestre, e Contabilidade financeira avanzada no segundo.

O alumnado que escolla a docencia en inglés terán automaticamente asignadas estas dúas materias como materias con preferencia 1 no primeiro (Xestión do coñecemento) e no segundo cuadrimestre (Contabilidade financeira avanzada). Ademais terán asignado o grupo práctico GLOP1 para o resto das materias que o sistema lles asigne para completar o número de materias solicitadas por cuadrimestre, e o grupo práctico GLA1 para as materias obrigatorias de 4º das que se matriculen.

Se algún membro do alumnado non pode matricularse de ningunha materia en inglés por telas superado ou por non solicitar materias nun cuadrimestre, non poderá elixir a opción de docencia en inglés para as materias optativas.

Rematado o prazo, antes do período de matrícula, o sistema asignará as prazas dispoñibles (todas as optativas terán unha cota máxima para garantir que non hai grandes desproporcións entre elas) ao alumnado que teña superado no momento establecido polo Decanato, máis de 120 créditos da titulación, en función dos seguintes criterios:

  1. Elixir cursar optativas en inglés.
  2. Estar graduado.
  3. Número de ECTS básicos e obrigatorios superados.
  4. Expediente académico.
  5. Número de matrículas de honra, sobresaíntes, notables e aprobados conseguidos.

Polo tanto, a asignación non depende do momento no que se fai a preinscrición (sempre que se faga en prazo), se non do grao de cumprimento dos criterios por parte do/a estudante.

No momento da matrícula, a aplicación  só permitirá a cada membro do alumnado matricularse naquelas materias optativas nas que dispón de praza asignada.

Se non se fai a preinscrición, non é posible matricularse nada mais que de aquelas materias das que xa estivese matriculado antes ou daquelas nas que queden prazas baleiras.

O alumnado propio que vaia a acollerse á mobilidade no curso 2022-2023 terá que face-la preinscrición unicamente para as materias do cuadrimestre que cursará na nosa universidade.

Optativas das que xa se estivese matriculado sen superarse.-

Por defecto, estarán sempre dispoñibles e o estudantado poderá matricularse delas se é o seu desexo, non precisando facer preinscrición.

A asignación do grupo práctico vai depender de se se preinscribe dalgunha optativa máis ou non. No primeiro caso, o grupo práctico asignado na materia que repite será o mesmo asignado pola preinscrición. Noutro caso, o grupo asignarao directamente o decanato.

 

GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS:

As seguintes materias se impartirán exclusivamente na quenda de tarde: Dereito do Comercio Internacional, Enxeñería financeira, Knowledge Managent (Xestión do coñecemento en inglés) e Finanzas Internacionais, e as seguintes, exclusivamente en quenda de mañán: Auditoría, Marketing sectorial e Xestión do Coñecemento e da Información.

 

RESULTADO ASIGNACIÓN OPTATIVAS ALUMNADO 1º CUADRIMESTRE 2022-2023 ADE

RESULTADO ASIGNACIÓN OPTATIVAS ALUMNADO 2º CUADRIMESTRE 2022-2023 ADE

 

GRAO EN ECONOMÍA:

Tódalas materias se imparten en quenda de mañán.

 

RESULTADO ASIGNACIÓN OPTATIVAS ALUMNADO 2022-2023 ECONOMÍA

 

 

 

 

 

 

 

    Escribe un comentario