Premios á Excelencia Académica 2019/2020

Premios á Excelencia Académica para alumnado que inicia estudos de grao na Universidade de Vigo no curso 2019/2020

A Universidade de Vigo quere incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao alumnado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que teñan acadado un relevante éxito nas distintas fases das Olimpíadas científicas. Os premios están destinados a sufragar parte do custo dos prezos públicos de matrícula.

A contía do premio é de 600€ e os requisitos e a documentación a presentar pódense consultar na seguinte ligazón:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/342

O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2019.

    Escribe un comentario