Transportes

Transporte urbano

A Universidade de Vigo ten un convenio coa empresa de transporte urbano de Vigo (VITRASA) para facilitar ao estudantado o acceso ao Campus das Lagoas-Marcosende.Co resto de empresas que operan no campus non hai convenio asinado polo que o resto dehorarios que aparecen aquí, tanto de Vigo como de Ourensee de Pontevedra, son meramente informativos.

Viguesa de Transportes "Vitrasa" (Tlfn: 986 207474).

Liñas ó Campus Lagoas-Marcosende (Lanzadeiras).- Trátase dunha liña rápida directa dende a cidade ao campus.

Lanzadeira 1 (Praza de América- Universidade). Paradas: Avda de Castrelos 14, 184, 202, Universidade.

Saída praza de América: de 8:10 a 9:10 cada 10 minutos; de 9:10 a 13:40 cada 30 minutos; de 13:40 a 16:40 cada 15 minutos; de 16:10 a 19:10 cada 30 minutos e de 19:10 a 20:40 cada 15 minutos. Saída da Universidade: de 8:40 a 9:40 cada 10 minutos; de 9:40 a 14:10 cada 30 minutos; de 14:10 a 15:40 cada 15 minutos; de 15:40 a 18:40 cada 30 minutos e de 18:40 a 21:10 cda 15 minutos.

Lanzadeira 2 (Praza de España - Universidade) Paradas: Avda. Madrid 2, 106, Seminario, Xestoso, Universidade.

Saída praza de América: de 8:10 a 9:10 cada 10 minutos, de 9:10 a 13:40 cda 30 minutos, de 13:40 a 16:40 cada 15 minutos, de 16:10 a 19:10 cada 30 minutos e de 19:10 a 20:40 cada 15 minutos. Saída da Universidade: de 8:40 a 9:40 cada 10 minutos, de 9:40 a 14:10 cada 30 minutos, de 14:10 a 15:40 cada 15 minutos, de 15:40 a 18:40 cada 30 minutos e de 18:40 a 21:10 cda 15 minutos.

CUVI 1 (Balaídos - Universidade). Paradas: Balaídos, Carneiras, Valadares, Garrida, Universidade. Saída de Balaídos: tódolos días ás 8:10 horas, días laborables lectivos.

Liña 8 (Areal-Porto-Universidade). Paradas: Areal, Policarpo Sanz, Pi i Margall, López Mora, Praza de América, Avda. Castrelos, Rotonda Pereiró, Castrelos Costa, Porto, Universidade. Saída dende a Universidade: primeiro 9:05, último 21.05, cada hora (laborables) Saída dende Porto: primeiro 6.15, último 21.15, cada hora (laborables) Saída dende Areal: de 8.00 a 21.00, cada hora (laborables).

Circular 15 C (Universidade-Xestoso-Cemiterio de Puxeiros-Samil).Recorrido:Universidade,Xestoso, Puxeiros, Ramón Nieto, Urzaiz, Colón, Policarpo Sanz, Paseo de Alfonso XII, Pi i Margall, P. Industria, Tomás Alonso, Camilo Veiga, Bouzas, Avda. Atlántida, Alcabre e Samil. Saída (laborables) dende Samil: de 6.50 a 19.50 cada hora. Saída (llaborables) dende Universidade: de 9.05 a 21.05 cada hora.

Transporte por estrada

Existen varias empresas de tranporte por estrada con liñas específicas para que o estudantado universitario poida desprazarse dende as respectivas cidades ós centros de estudo. Entre estas liñas imos destacar as seguintes: a liña Marín-Pontevedra-Campus de Vigo, liña Vigo-Campus de Pontevedra e a liña Ourense-Campus de Vigo.

Transporte de ría

Navieira "Ons" Teléfono 986 225272 Liña de Cangas De luns a venres: Saída de Cangas: hai barco cada media hora sendo o primeiro ás 6 h. e o último ás 22 h. Saída de Vigo: hai barco dada media hora sendo o primeiro ás 6.30 h. e o último ás 22.30 h. Liña de Moaña: Saída de Moaña: hai barco cada hora sendo o primeiro ás 6 h. e o último ás 22 h. Saída de Vigo: hai barco cada hora sendo o primeiro ás 6.30 h. e o último ás 22.30 h. (Entre as 7 h e as 10 h a saída será cada media hora, tanto na saída de Vigo como de Moaña).