Emprego

As prácticas académicas externas, reguladas polo Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, son unha actividade de natureza formativa que ten como obxectivo que os estudantes apliquen e complementen os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

Máis información
As prácticas extracurriculares coordinadas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, corresponden ás titulacións de Administración e Dirección de Empresas e de Economía.

A Universidade de Vigo ten unha convocatoria de prácticas aberta permanentemente. A oferta de prácticas pódese consultar no seguinte enlace:

Secretaría Online Universidade de Vigo (uvigo.gal). Ademáis, no caso de que o alumnado acorde cunha empresa a realización de prácticas vinculadas á titulación, tería que formalizarse dita práctica. A xestión administrativa das prácticas realízaa a Fundación da Universidade de Vigo (FUVI) e, polo tanto, para solicitar unha praza é necesario facelo directamente en practicas@fundacionuvigo.es
O requisito académico para a realización destas prácticas, é tener superado o 50% dos créditos da titulación. Por outra parte, estas prácticas serven para o recoñecemento de créditos optativos. Máis específicamente, 150 horas corresponden con 6 ECTS e 300 horas con 12 ECTS. Neste último caso, é necesario realizar unha memoria de prácticas seguindo as directrices do  seguinte documento. Os créditos optativos que se queiran anular por recoñecemento de créditos polas prácticas, figurarán sen nota ou coa cualificación de «non presentado».
No momento de finalización das prácticas, é necesario o envío dos seguintes documentos á titora académica (dgarza@uvigo.es) e á FUVI:
Anexo IV (informe estudante)
Anexo VI (informe entidade).
No caso de querer proceder ao recoñecemento de optatativas por prácticas, é necesario o envío da seguinte documentación á titora académica (ademáis dos documentos anteriores):

Anexo D8 : tanto para recoñecer 6 como 12 ECTS optativos

Memoria: no caso de 12 ECTS.

Feira organizada na Facultade de Económicas para poñer en contacto cos seus empregadores ao alumnado dos graos de ADE, Economía e Simultaneidade Ade-Dereito.

Máis información

Ademais de ofrecerche a túa formación académica, na Universidade de Vigo axudámosche a mellorar a túa empregabilidade tanto con cursos e talleres como con prácticas profesionais que completen esa formación e que che aproximen á túa primeira oportunidade laboral.

Máis información