Conferenciante: Enrique Sáez Ponte (Licenciado en Dereito e Económicas pola USC)
Título: “Acércase o momento de eliminar o papel moeda. Oportunidades e risco”
Día: 22/11/2022
Sobre o ponente:
A súa vida profesional estivo 30 anos vinculada ao Banco Pastor, con especialización no universo dos sistemas de pago. Dirixiu a implantación das primeiras tarxetas e caixeiros automáticos da entidade. Despois representou ao banco en Visa España e Sistema 4B. Posteriormente, realizou o desenvolvemento e xestión de tarxetas para entidades comerciais en España e Portugal, a primeira vez que esta actividade se realizaba desde unha entidade financeira. Formou parte da alta dirección do banco entre 1989 e 2003. Como director xeral comercial, coordinou o comité interno para a introdución do euro.
Desde 2003 preside a Fundación Juana de Vega e a centenaria empresa familiar Torres y Sáez.
Ademais do seu libro sobre este tema A enerxía escura do diñeiro 2.1 (Europa Edicións 2021), é autor de artigos sobre temas sociais e económicos e doutros dous ensaios: O Mundo e nós (Xerais 99) e A liberdade no século XXI (Editorial Galaxia 2017, Marcial Pons 2019).