Grao en Administración e Dirección de Empresas
O grao en Administración e Dirección de Empresas supón unha alternativa moi atractiva debido ás altas taxas de inserción laboral, maioritariamente na empresa privada, e ás beneficiosas condicións salariais. Nos últimos anos é a titulación con máis saídas profesionais, xa que, segundo o último Informe Infoempleo Adecco, o 4,5% das ofertas de emprego publicadas fai referencia específica a esta titulación e os seus titulados/ as poden optar ao 10,65 % das ofertas nas que se solicitan estudos universitarios.
Con todo, a saturación do mercado laboral tamén afecta á contratación deste tipo de profesionais. Isto quere dicir que se queremos estar seguros ao 100% de obter un traballo cunha titulación de ADE será necesario que ademais obteñamos unha certificación dun nivel alto de inglés e adquiramos “habilidades brandas”.
Plan de estudos
1º CURSO | |||
---|---|---|---|
1º CUADRIMESTRE | ECTS | 2º CUADRIMESTRE | ECTS |
Microeconomía | 9 | Economía Española e Mundial | 6 |
Fundamentos de Administración Empresarial | 6 | Matemáticas das Operacións Financeiras | 6 |
Historia Económica | 6 | Xestión de Empresas | 6 |
Matemáticas | 9 | Estatística | 6 |
Dereito Mercantil | 6 | ||
Total | 30 | Total | 30 |
2º CURSO | |||
---|---|---|---|
1º CUADRIMESTRE | ECTS | 2º CUADRIMESTRE | ECTS |
Contabilidade Financeira I | 6 | Contabilidade Financeira II | 6 |
Dirección de Operacións | 9 | Decisións de Investimento | 6 |
Dirección de Recursos Humanos | 9 | Dirección Comercial I | 6 |
Econometría | 6 | Macroeconomía | 6 |
Políticas Económicas | 6 | ||
Total | 30 | Total | 30 |
3º CURSO | |||
---|---|---|---|
1º CUADRIMESTRE | ECTS | 2º CUADRIMESTRE | ECTS |
Decisións de Financiamento | 6 | Análise Contable | 9 |
Dirección Comercial II | 6 | Contabilidade de Custos | 9 |
Dirección Estratéxica | 6 | Dirección Estratéxica Internacional | 6 |
Réxime Fiscal da Empresa I | 6 | Valoración de Activos | 6 |
Teoría da Organización | 6 | ||
Total | 30 | Total | 30 |
4º CURSO | |||
---|---|---|---|
1º CUADRIMESTRE | ECTS | 2º CUADRIMESTRE | ECTS |
Investigación Comercial | 6 | Optativa 4 | 6 |
Planificación Financeira | 6 | Optativa 5 | 6 |
Optativa 1 | 6 | Optativa 6 | 6 |
Optativa 2 | 6 | ||
Optativa 3 | 6 | Traballo Fin de Grao | 12 |
Total | 30 | Total | 30 |
Optativas 1º cuadrimestre: Auditoría; Mercadotecnia Sectorial; Dereito do Comercio Internacional; Enxeñería Financeira; Finanzas Internacionais; Xestión do Coñecemento e da Innovación Tecnolóxica.
Optativas 2º cuadrimestre: Contabilidade Financeira Avanzada; Creación e Simulación de Empresas; Dereito Penal da Empresa; Dirección de recursos da Información; Mercadotecnia Responsable; Xestión Bancaria.
Saídas profesionais
As principais áreas de actividade para unha persoa que consiga o Grao en ADE son as seguintes:
- Creación da túa propia empresa
- Auditoría de contas
- Consultoría
- Dirección Xeral
- Dirección económica-financeira
- Marketing, trade márketing e vendas
- Dirección da área internacional da empresa
- Banca e servizos financeiros: executivos/ as comerciais, dirección de oficina, dirección comercial, analistas de riscos, xefe/a de servizo de estudos, analistas de sociedades de valores, banca de investimento, xestión de patrimonios, carteiras e fondos...
- Outras áreas: departamentos de loxística e compras, xestión de operacións, departamentos fiscais, recursos humanos, calidade, innovación, emprendemento, desenvolvemento organizativo, responsabilidade social corporativa, departamentos de estudos; etc.
¿A quén vai dirixido?
Os estudos de Administración e Dirección de Empresas (ADE) van dirixidos a persoas cunha especial sensibilidade polo espírito emprendedor e creativo, ademais dunha predisposición para adquirir competencias relacionadas coa comprensión do ámbito empresarial, a interpretación da realidade económica e a aplicación dos coñecementos para unha xestión eficiente da empresa.