Grao Economía

Grao en Economía

O grao en Economía é unha das titulacións con mellor saída laboral do país, xa que ten unha taxa de empregabilidade superior ao 60%, segundo as cifras divulgadas polo Ministerio de Economía e Competitividade a partir da porcentaxe de afiliados á Seguridade Social.

Memoria para a solicitude do títuloPlan estudos/estudios con códigos matrícula
Plan de estudos
1º CURSO
1º CUADRIMESTRE ECTS 2º CUADRIMESTRE ECTS
Ciencia Política 6 Dereito Mercantil 6
Principios de Economía I 6 Economía Mundial 6
Historia Económica 6 Principios de Economía II 6
Matemáticas I 6 Economía da Empresa 6
Técnicas de Economía Aplicada 6 Estatística I 6
Total 30 Total 30
2º CURSO
1º CUADRIMESTRE ECTS 2º CUADRIMESTRE ECTS
Economía Española 6 Contabilidade 6
Finanzas 9 Dirección de Empresas 9
Matemáticas II 6 Estatística II 6
Microeconomía I 9 Microeconomía II 9
Total 30 Total 30
3º CURSO
1º CUADRIMESTRE ECTS 2º CUADRIMESTRE ECTS
Econometría I 6 Econometría II 6
Economía Pública 9 Economía dos Servizos Públicos 6
Macroeconomía I 9 Economía Industrial 6
Política Económica 6 Macroeconomía II 6
Políticas Económicas Comparadas 6
Total 30 Total 30
4º CURSO
1º CUADRIMESTRE ECTS 2º CUADRIMESTRE ECTS
Comercio Internacional 6 Optativa 4 6
Economía Internacional 6 Optativa 5 6
Optativa 1 6 Optativa 6 6
Optativa 2 6
Optativa 3 6 Traballo Fin de Grao 12
Total 30 Total 30

Optativas 1º cuadrimestre: Benestar, Equidade e Xénero; Economía dos Recursos Naturais e do Medio Ambiente; Economía Política e das Institucións; Técnicas Cuantitativas para a Análise Económica; Microeconomía Avanzada; Teoría de Xogos.
Optativas 2º cuadrimestre: Historia Económica de España; Tributación; Macroeconomía Avanzada; Economía da Información; Fundamentos Económicos da Defensa da Competencia; Economía da Saúde.

Saídas profesionais

Unha persoa que obteña o Grao en Economía está preparada para asumir posicións gerenciales e de alta dirección no sector empresarial, no sector financeiro e no sector público, ademais de contar, pola súa versatilidade, coas capacidades para traballar nas seguintes áreas de actividade:

  • Departamentos de planificación económica, financeira e estratéxica
  • Áreas de análises e estudos económicos
  • Áreas de comercio e economía internacional

Estas actividades poderaas exercer profesionalmente en:

  • Institucións financeiras
  • Sector público estatal ou autonómico
  • Organizacións económicas internacionais: Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, OCDE, Organización Mundial do Comercio, Banco Europeo de Investimentos, etc.
  • Departamentos de corporacións privadas

Tamén pode:

  • Realizar actividades de docencia e/ou de investigación
¿A quén vai dirixido?

A estudantes con interese por cuestións sociais a quen lles atraia os desafíos intelectuais. Isto inclúe estudantes con formación previa a nivel de bacharelato nas áreas de ciencias sociais e científicas. Os coñecementos previos de matemáticas de rama científica e economía de rama social a nivel de bacharelato son útiles pero un alumno pode acceder ao grao con niveis distintos de ambas. Búscanse persoas con capacidade de traballo, de síntese e abstracción.