Convócase aos membros da Comisión Permanente a unha reunión ordinaria que terá lugar na sala de Xuntas do Decanato ás 12:30 h. en primeira convocatoria e ás 12:45 en segunda do vindeiro venres 3 de maio, coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (05/03/2024).
2.- Informe da Decana.
3.- Aprobación, se procede, do cambio de data da celebración do patrón da facultade correspondente ao curso 2024/25.
4.- Aprobación, se procede, da modificación das datas de entrega de actas correspondentes á convocatoria ordinaria segunda.
5.- Aprobación, se procede, do calendario de exames para o curso 2024/25.
6.- Ratificación, se procede, dos acordos da comisión de Calidade respecto dos seguintes asuntos:
– Informe de Revisión pola Dirección correspondente ao curso 2022-2023 (R1-DE03 P1) *.
– Comisión para a Elaboración do Programa de Desenvolvemento Estratéxico do Centro (R1-DE01P1).
– Actualización dos procedementos de Calidade seguintes:
DE-02. Seguimento e Medición. Índice 5.
DO-0101. Deseño, Verificación, Modificación e Acreditación das Titulacións Oficiais. Índice 06.
DO-0102. Seguimento e melloras das titulacións. Índice 5: SGC Formulario de modificacións non substanciais. Anexo I.
XD-01. Control dos documentos e dos rexistros. Índice 2.: XD 01 Anexo 1. Modelo Procedementos.
PE-02. Xestión do Persoal Docente e Investigador. Índice 05)
– Extinción do Mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible.
– Plan de Promoción de Centro 2022/23.
– Alegacións de resposta á ACSUG, respecto das Memorias do Máster en Economía Circular *.
– Cambio de adscrición de centro do Máster en Economía Circular.
7.- Rogos e preguntas