Convócase aos membros da Xunta de Facultade a unha reunión ordinaria que terá lugar no Salón de Actos ás 12:30 h. en primeira convocatoria e ás 12:45 en segunda, do vindeiro xoves día 4 de abril, coa seguinte,
ORDE DO DÍA:
1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores. (28/11/2023 e 20/12/2023)
2.- Informe da Decana.
3.- Aprobación, se procede, da memoria económica correspondente ao ano 2023 e do orzamento do 2024.
4.- Ratificación, se procede, do acordo da Comisión de Calidade sobre o informe de autoavaliación de renovación da acreditación do Mestrado en Economía.
5.- Ratificación, se procede, do acordo da Comisión de Calidade sobre o anexo complementario de modificacións non substanciais coa Formación Básica vinculada ao ámbito de coñecemento da titulación de Graduado en Administración e Dirección de Empresas.
6.- Aprobación, se procede, da emisión de informe favorable á proposta remitida polo Departamento de Dereito Público Especial, para a concesión do grao de Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo á Dª María Emilia Casas Baamonde.
7.- Rogos e preguntas
Vigo, 2 de abril de 2024.
A Decana
M. Dolores Garza Gil.