Convocatoria Xunta de Facultade

Convócase aos membros da Xunta de Facultade a unha reunión ordinaria, que terá lugar no Salón de Actos da Facultade, ás 12:30 h. en primeira convocatoria e as 12:45 en segunda, do vindeiro xoves día 23 de maio, coa seguinte:

ORDE DO DÍA:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (04/04/24).

2.- Informe da Decana.

3.- Aprobación, se procede, da memoria final do grao en ADE.

4.- Ratificación, se procede, do acordo da CAM do Máster en Finanzas polo que se procede ao cambio de persoa coordinadora do Máster en Finanzas.

5.- Ratificación, se procede, do acordo da CAM do Máster en Finanzas polo que se procede ao cambio na composición da CAM do Máster en Finanzas.

6.- Ratificación, se procede, do acordo da CAM do Máster en Finanzas polo que se procede ao cambio da composición da Comisión de Calidade.

7.- Rogos e preguntas.

 

Vigo, 21 de maio de 2024.

A Decana

Dolores Garza Gil