As prácticas académicas externas, reguladas polo Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, son unha actividade de natureza formativa que ten como obxectivo que os estudantes apliquen e complementen os coñecementos adquiridos na súa formación académica.
As prácticas na Facultade son coordinadas pola profesora Raisa Pérez Vas. O seu despacho é o 255
As prácticas extracurriculares coordinadas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais corresponden ás titulaciones de Administración e Dirección de Empresas e Economía.
A Universidade de Vigo ten unha convocatoria de prácticas aberta permanentemente. A oferta de prácticas pódese atopar no seguinte enderezo: | Secretaría Online Universidade de Vigo (uvigo.gal). Ademáis, no caso de que o alumnado acorde cunha empresa a realización de prácticas vinculadas á titulación, tería que formalizarse dita práctica.
O requisito académico para a realización destas prácticas, é tener superado o 50% dos créditos da titulación. Por outra parte, estas prácticas serven para o recoñecemento de créditos optativos. Máis específicamente, 150 horas corresponden con 6 ECTS e 300 horas con 12 ECTS. Neste último caso, é necesario realizar unha memoria de prácticas seguindo as directrices do seguinte documento. As materias optativas que se queiran anular por recoñecemento de créditos polas prácticas, deben de figurar sen nota ou coa cualificación de «non presentado».
No momento de finalización das prácticas, é necesario o envío dos seguintes documentos á titora académica (raiperez@uvigo.es) e á FUVI:
–Anexo IV
–Anexo VI
No caso de querer proceder ao recoñecemento das materias por prácticas, é necesario o envío da seguinte documentación á titora académica:
Anexo D6 (no el caso de 6 ECTS)
Memoria (no el caso de 12 ECTS)
Anexo D8 (en ambos casos)
Praza de técnico económico financeiro na Autoridade Portuaria de Vigo
Solicitude de beca no Dep. Financiero de Gradiant
Oferta de emprego dunha empresa industrial da contorna de Vigo
Bolseiro/a Técnico/a departamento de compras de PARTENON
Oferta de Consultora Financeira do Grupo Dosvalor
A Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade do Porto, a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e a Universidade Católica Portuguesa, organizan desde o ano 2006 a Feira Internacional do Emprego Universitario – FINDE.U.
Ademais de ofrecerche a túa formación académica, na Universidade de Vigo axudámosche a mellorar a túa empregabilidade tanto con cursos e talleres como con prácticas profesionais que completen esa formación e que che aproximen á túa primeira oportunidade laboral.
Foro organizado na Facultade de Económicas para poñer en contacto cos seus empregadores aos alumnos dos graos de ADE, Economía, Dereito e Dereito Económico.