PROGRAMA ACTIVIDADES NA FACULTADE O DÍA 16/03/2023
DISTRIBUCIÓN DOS STANDS NA FEIRA
Preparándote para dar o salto e incorporarte ao mundo laboral?
Rexístrate en EMPREGOinCAMPUS e ven a coñecer (e presentar a túa candidatura!) a algunha das máis de 100 entidades de moi diversos sectores que están desexando coñecerte para incorporarte nos seus equipso de traballo
CANDO E ONDE?
16 marzo (Fac. CC Económicas e Empresariais, campus Vigo)
Horario: 10:00-19:00
QUE PODES OBTER ASISTINDO A EMPREGOinCAMPUS?
- Visita as casetas
- Fala cos/as recrutadores/as
- Participa nas actividades complementarias durante a feira
- Asiste aos obradoiros dos días previos para mellorar a túa candidatura e preparar o teu CV, videocurriculum ou carta (mais info AQUI)
- Visita o espazo do “Pasaporte de Emprego” durante a feira e recibe asesoramento sobre o teu CV e carta de presentación
- Sácate unha foto de calidade da man dun servizo de fotografía profesional para usala no teu CV ou nas redes sociais profesionais.
COMO? SEGUE ESTES 5 PASOS!
- Accede como estudantado e rexístrate como candidato/a e/ou asistente a unha ou as dous feiras través de este enlace
- Crea o teu perfil
- Solicita axuda ao servizo de orientación ou asiste a un dos obradoiros específicos previos á feira para mellorar a túa candidatura (ver programa formativo AQUI).
- Inclúe unha copia do teu CV e videoCV no teu perfil para recibir o código QR coa túa información
- Visita a feira e fai chegar a túa candidaturas ás entidades participantes presentando o código xerado!