Feira Incampus 2023

PROGRAMA ACTIVIDADES NA FACULTADE O DÍA 16/03/2023

DISTRIBUCIÓN DOS STANDS NA FEIRA

Preparándote para dar o salto e incorporarte ao mundo laboral?

Rexístrate en EMPREGOinCAMPUS e ven a coñecer (e presentar a túa candidatura!) a algunha das máis de 100 entidades de moi diversos sectores que están desexando coñecerte para incorporarte nos seus equipso de traballo

CANDO E ONDE? 

 16 marzo (Fac. CC Económicas e Empresariais, campus Vigo)

Horario: 10:00-19:00

QUE PODES OBTER ASISTINDO A EMPREGOinCAMPUS? 

  • Visita as casetas
  • Fala cos/as recrutadores/as
  • Participa nas actividades complementarias durante a feira
  • Asiste aos obradoiros dos días previos para mellorar a túa candidatura e preparar o teu CV, videocurriculum ou carta (mais info AQUI)
  • Visita o espazo do “Pasaporte de Emprego” durante a feira e recibe asesoramento sobre o teu CV carta de presentación 
  • Sácate unha foto de calidade da man dun servizo de fotografía profesional para usala no teu CV ou nas redes sociais profesionais.

COMO? SEGUE ESTES 5 PASOS! 

  1. Accede como estudantado e rexístrate como candidato/a e/ou asistente a unha ou as dous feiras través de este enlace
  2. Crea o teu perfil
  3. Solicita axuda ao servizo de orientación ou asiste a un dos obradoiros específicos previos á feira para mellorar a túa candidatura (ver programa formativo AQUI).
  4. Inclúe unha copia do teu CV  e videoCV no teu perfil para recibir o código QR coa túa información
  5. Visita a feira e fai chegar a túa candidaturas ás entidades participantes presentando o código xerado!
    Escribe un comentario