Equipo Decanal
Órganos de Goberno
Xunta de Facultade
É o órgano fundamental no que se adoptan as decisións de maior calado. Está composta polo Alumnado(30%),Persoal de Administración e Servizos (10%) e Profesorado (60%), do seguinte xeito:
- O/A Decano/a, que a preside
- O/A Secretario/a, encargado/a de rexistrar os debates e acuerdos adoptados.
- O resto do equipo decanal.
- Todo o profesorado funcionario
- Unha representación do personal docente e investigador non funcionario
- Unha representación do estudantado (unha sexta parte serán de terceiro ciclo)
- Unha representación do persoal de administración e servizos
Acordos
1995 | 1996 | 1997 |
1998 | 1999 | 2000 |
2001 | 2002 | 2003 |
2004 | 2005 | 2006 |
2007 | 2008 | 2009 |
2010 | 2011 | 2012 |
2013 | 2014 | 2015 |
2016 | 2017 | 2018 |
2019 | 2020 | 2021 |
2022 | 2023 |
Actas Xunta de Facultade 2021
24/02/2021 | 08/03/2021 | 08/04/2021 |
15/06/2021 | 03/11/2021 | 02/12/2021 |
Actas Xunta de Facultade 2022
16/03/2022 | 25/10/2022 | 28/11/2022 | 20/12/2022 |
Actas Xunta de Facultade 2023
17/01/2023 | 24/03/2023 | 21/04/2023 | 19/05/2023 | 05/06/2023 | 28/11/2023 | 20/12/2023 |
Comisión Delegada Permanente
- O/A Decano/a que a preside.
- O/a Secretario/a, encargado/a de rexistrar os debates e acordos adoptados.
- O resto do equipo decanal.
- Dez membros do profesorado elexidos pertencentes á Xunta de Facultade.
- Sete estudantes, tres de cada titulación e o restante da que teña maior matrícula.
- Dous representantes do PAS
Acordos
2001 | 2002 | 2003 |
2004 | 2005 | 2006 |
2007 | 2008 | 2009 |
2010 | 2011 | 2012 |
2013 | 2014 | 2015 |
2016 | 2017 | 2018 |
2019 | 2020 | 2021 |
2022 | 2023 | 2024 |
Actas 2021
24/02/2021 | 11/03/2021 | 06/04/2021 |
13/05/2021 | 06/07/2021 | 15/07/2021 |
22/09/2021 | 27/09/2021 | 27/10/2021 |
Actas 2022
09/03/2022 | 06/06/2022 | 05/10/2022 |
Actas 2023
23/02/2023 | 18/05/2023 | 24/05/2023 | 05/07/2023 | 12/07/2023 | 16/10/2023 |
Comisións Asesoras
As Comisións Asesoras defínense como instancias de asesoramiento técnico actuando por delegación da Xunta de Facultade ou da Comisión Delegada Permanente. Pola súa propia natureza, non toman decisións, agás mandato expreso dalgunha delas, e responden a cometidos fixos ou constitúense para resolver asuntos concretos, deixandode existir ao rematar estos.
Na creación deberase especificar a súa finalidade, composición e normas de funcionamento. Serán presididas polo /a Decano/a, ou persoa en quen delegue, que dirixirá e moderará os debates. As persoas membros das Comisións teñen que selo da Xunta de Facultade, ainda que a persoa que ocupe a Presidencia poida invitar a participar nelas, con voz e sen voto, a outros membros da Facultade.
As reunións das Comisións celébranse na Facultade en días hábiles e son convocadas por escrito cunha antelación mínima de 48 horas, salvo no caso de urxencia apreciada pola persoa que ocupe a presidencia que poderá facelode forma verbal. Constitúense validamente cando estean presentes a metade dos seus membros, e adoptarán os seus informes, propostas e recomendacións por maioría simple, sendo preciso que no momento da votación exista o quorum sinalado.
Os seus membros cesarán no momento en que perdan a súa condición de membros da Xunta de Facultade, cesen no cargo académico que concede esta condición, por requerimento propio, ou cuando se produza a elección dun/nha novo/a Decano/a. Nestos casos, procederase á elección dos novos membros dentro do sector correspondente no plazo máis breve posible. O funcionamento interno das Comisións será determinado por elas mesmas no caso de non existir regulamento en instancias superiores.
Nestes intres, as comisións en funcionamento son as seguintes:
Comisión de Validacións. Encárgase de asesorar ao/á Decano/a nos recoñecementos de créditos cursados noutros centros de ensino.
Comisión de Relacións Internacionais. Asesora e fai o seguimento de programas de mobilidade e estudantes en intercambio.
Comisión de Avaliación Curricular. Analiza os curriculos dos estudantes que solicitan avaliación curricular para determinar se é procedente a consideración de apto.
Comisión de Garantía de Calidade. Fai o seguemento do Sistema de Garantía Interno de Calidade.
Comisión de Docencia. Encárgase do seguimento das titulacións da Facultade para detectar as súas fortalezas e debilidades; facer propostas de mellora ante os problemas que se detecten; valorar as distintas propostas de organización de horarios e calendario de exames.
Comisión de Traballo Fin de Grao. Asesorará ao Decanato en todo o que ten que ver co desenvolvemento e a interpretación da normativa aplicable aos TFG e a resolución de reclamacións.