A primeira feira internacional EMPREGOinCAMPUS xorde para pór en contacto a persoas tituladas e o estudantado do último curso con empresas colaboradoras que estean buscando talento na Universidade de Vigo.
EMPREGOinCAMPUS terá lugar nas facultades e escolas dos tres campus universitarios en tres datas distintas en función do campus e do perfil das candidaturas.
Este evento está organizado pola Área de Emprego e Emprendemento, as Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, e conta co apoio do Concello de Vigo, do Consello Social da Universidade de Vigo, e das entidades asociadas ao EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
Feria EMPREGOinCAMPUS / CAMPUS VIGO
Cando?
Os días 27 e 28 de abril de 2022
Onde?
Nas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Perfil das candidaturas
Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: administración e dirección de empresas, dereito, economía, PCEO ade-dereito, comercio exterior, relacións laborais, tradución e interpretación e filoloxías.
Prazo de inscrición
Empresas: ata o 22 de abril de 2022
¿Qué ofrecemos? |
- Un stand gratuíto no campus Universitario
- Difusión das túas ofertas de emprego
- Posibilidade de impartir un seminario nos días da feira
- Capacidade de axendar e realizar entrevistas de recrutamento durante a feira.
- Interacción con potenciais candidaturas a través dun “stand” dixital
- Recepción de CVs das candidaturas a través dunha plataforma dixital
¿Cómo participar? |
- Se queres ser un protagonista desta feira, vai o teu rexistro como entidade expositora.
- Una vez rexistrada, poderedes crear e posteriormente actualizar o perfil da túa empresa, no que poderás incluír:
- As vacantes ou perfís de candidaturas demandadas
- Un vídeo cunha presentación da empresa e/ou das posibles necesidades de recrutamento
Participa nesta feira de emprego e non perdas esta oportunidade de coñecer estudantes e titulados/as da Universidade de Vigo
ALUMNADO: SI QUERO PARTICIPAR!
EMPRESAS/ENTIDADES: https://app.beamian.com/feira-empregoincampus/new-exhibitor