O Máster en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa (MAiE) é un título oficial universitario adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior impartido pola Universidade de Vigo, cuxo obxectivo é a formación integral de profesionais e líderes en xestión empresarial que aposte pola excelencia académica, empregabilidade e conexión co entorno empresarial para proporcionar as habilidades directivas e de xestión necesarias para deseñar e implementar proxectos empresariais nun contexto integrado coa realidade social e económica actual.
O MAiE abrangue os coñecementos propios dun MBA, estruturados en 6 módulos teóricos, que se completa cun traballo de fin de máster totalmente aplicado, baseado en prácticas en empresas. O MAiE caracterízase por ser eminentemente práctico, baseado en dinámicas de ensino participativo e traballo en equipo. Con sesións dinámicas, o temario desenvólvese a través de casos discutidos polos estudantes baixo a guía do profesorado, e está apoiado con charlas e conferencias impartidas por profesionais acreditados no campo de estudo.
Os obxetivos do título son:
• Formar profesionais en economía e empresa cunha elevada formación académica que lles permita incorporarse á vida profesional cunha alta capacitación para a toma de decisións estratéxicas.
• Preparar aos alumnos para afrontar con éxito posteriores estudos de doutoramento.
O programa do curso está deseñado para poder ser completado nun único curso académico a tempo completo. Durante o primeiro cuadrimestre cursaranse materias de carácter obrigatorio que capacitarán ao alumno cos coñecementos necesarios para seguir os cursos de especialización do segundo cuadrimestre.
Procuramos un perfil de estudante dinámico, interesado pola investigación, creativo, con capacidade para a abstracción e para os métodos cuantitativos. Son potenciales alumnos, ademais dos procedentes da licenciatura ou grao en economía e en administración de empresas, os graduados ou licenciados en ciencias experimentais (matemáticas e estatística) e nas distintas ramas da enxeñería.
O Mestrado en Finanzas proporciona unha formación especializada en xestión financeia de empresas e mercados financeiros, dirixido a perfís de alumnos como: titulados universitarios no ámbito da Economía e a Administración de Empresas sen experiencia profesional e a profesionais en activo que desexen adquirir formación adicional. O contido das clases está enfocado á práctica profesional, onde a maioría dos profesores son profesionais do ámbito da empresa e a Banca, e compleméntase con prácticas en empresas. As principais saídas profesionais dos alumnos son postos como: xefe de administración, director financeiro, analista de riscos, analista de inversións, banca, xefe de tesorería, controller financeiro ou especialista en xestión de circulante. Tamén se adquire a formación necesaria para o autoemprego e o emprendimento en actividades como a consultoría ou asesoría financeira.
Este mestrado consta de 90 créditos (3 cuadrimestres), todas as materias son de 5 créditos e o TFM de 15 créditos.
Obxectivos:
• Orientación profesional: Proporcionar formación sobre a aplicación dos métodos da Estatística e a Investigación de Operacións.
• Orientación académica: Capacitar ao estudante para a investigación no ámbito da Estatística e da Investigación de Operacións. En particular, esta titulación da acceso ao Programa de Doutorado Interuniversitario en Estatística e Investigación Operativa.
O mestrado é recomendable para calquer graduado que acredite uns coñecementos básicos en Matemáticas e Estatística, con motivación para a análise, visualización e modelado de datos en calquer contexto.
Impártese na modalidade presencial e online nas tres universidades galegas: Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Matemáticas), Universidade da Coruña (Facultade de Informática) e Universidade de Vigo (Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais).
É un título oficial cunha orientación profesionalizante e aberto a calquer titulado interesado en formarse en sostenibilidade dende a súas tres perspectivas: ambiental, social e económica. O obxectivo do Mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible é formar profesionais polivalentes no ámbito da xestión empresarial e pública da sostenibilidade. Para iso, combina formación de ciencias, técnica e económico-empresarial dende una perspectiva multidisciplinar, tanto dende o punto de vista do plan de estudos, como do profesorado e do alumnado. É un mestrado en Galicia e, dos poucos que existen en España, é sen dúbida o que presenta unha mellor relación calidade-prezo.
El cuadro de profesorado está formado por docentes de la Universidad de Vigo y otras universidades españolas, profesionales de empresas y personal de las administraciones públicas. Todos los alumnos realizan prácticas en empresas gracias a una amplia red de instituciones y empresas colaboradoras.