¿Vaste?

O alumnado pode acollerse a os seguintes programas de mobilidade: Eramus +, ISEP, SICUE e a Bolsas propias e libre mobilidade. Todos eles sometidos ás seguintes

NORMATIVAS COMÚNS:

NORMATIVA DE MOBILIDADE DA FACULTADE

GUÍA DE MOBILIDADE

PREGUNTAS FRECUENTES

PLANES DE ESTUDO CON CÓDIGOS: GRAO ADE, GRAO ECONOMÍA, PCEO ADE-DEREITO

PROGRAMAS DE MOBILIDADE
ERASMUS +:

O programa Erasmus+ permite aos estudantes de grao, mestrado e doutorado cursar estudos recoñecidos en algunha das universidades europeas coas que a Universidade de Vigo ten firmados acordos de colaboración.

As prazas ofrécense en convocatoria pública anual publicada pola Vicerrectoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e se asignan en base aos criterios especificados nesta mesma páxina.

Os requisitos específicos que deberán cumprir os estudantes desta facultade que se acollan a un programa de movilidade están recollidos na Normativa de Mobilidade da FCCEE.

Los requisitos específicos que han de cumplir los estudiantes de esta facultad que se acojan a un programa de movilidad están recogidos en la Normativa de Movilidad de la FCCEE.

CONVOCATORIA ERASMUS+

CRITERIOS SELECCIÓN ESTUDANTES ERASMUS FCCEE

Checklist erasmus

RESOLUCIÓN PROVISIONAL PERSOAS SELECCIONADAS PARA O PROGRAMA DE BOLSAS ERASMUS + 2024/25

RESOLUCIÓN DEFINITIVA PERSOAS SELECCIONADAS PARA O PROGRAMA DE BOLSAS ERASMUS + 2024/25

PROGRAMA ISEP

ISEP ( International Student Exchange Programme) é unha rede de máis de 200 universidades de todo o mundo, que ten como obxectivo facilitar a mobilidade física de estudantes de últimos anos e posgrao. Grazas a este programa, no que participan só sete universidades españolas, o custo carrexado ao desenvolvemento dun cuadrimestre ou dun ano académico completo nos EE. UU. queda reducido a preto dunha décima parte.

A través do ISEP, o alumnado da Universidade de Vigo pode realizar nunha universidade americana un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro ou xaneiro-maio), elixindo entre máis de 150 universidades estadounidenses e unha ampla gama de programas de estudos. De maneira xeral, a Universidade de Vigo ten asignado un máximo de 15 prazas anuais ou 30 dun semestre.

O alumnado indicará na súa solicitude ata un máximo de 10 universidades estadounidenses nas que desexen cursar estudos, así como os cursos ou programas de estudos nos que soliciten matricularse.

Os candidatos admitidos terán aloxamento e manutención gratuítos, segundo o sistema de reciprocidad institucional, durante a súa estancia na universidade estadounidense e non abonarán taxas de matrícula na universidade receptora. Na solicitude, os candidatos indicarán se optan pola modalidade de pago ou de familia. A Universidade de Vigo recibirá igualmente un grupo de estudantes norteamericanos que cursarán parte dos seus estudos nos centros da Universidade de Vigo.

A Universidade de Vigo e ISEP encárganse tamén da maior parte dos trámites burocráticos (incluíndo o visado J-1) e facilitan a entrada do alumnado da Universidade de Vigo nas institucións estadounidenses.

Para máis información sobre o programa consulte nesta páxina web:
– a convocatoria en vigor
– a relación de universidades estadounidenses que participan no programa
– a páxina oficial do programa: http://www.isep.org, onde tamén se atopará un buscador das universidades de EEUU que participan en ISEP organizado por áreas de estudo.
– a listaxe de coordinadores institucionais ISEP en USA (cos que os estudantes estarán en contacto tras ser admitidos na universidade estadounidense).
– a relación de destinos ISEP noutros anos

Consulta as convocatorias

NOVO:

Resolución Reitoral pola que se establecen as bases reguladoras e se aproba a convocatoria de prazas de intercambio con EEUU para o curso académico 2023-2024, dentro do convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Rede International Student Exchange Program (ISEP).

Pode consultalo en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/38742

PROGRAMA SICUE

O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España ( SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por Crue-Asuntos Estudantís e Crue-Internacionalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000. Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos (un semestre ou un ano completo) nunha institución universitaria española distinta a aquela na que o alumno se atopa matriculado, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.

Este sistema de intercambio ten en conta o valor formativo do intercambio, ao facer posible que o estudante experimente sistemas docentes distintos, incluídos o réxime de prácticas, así como os distintos aspectos sociais e culturais doutras Autonomías e Cidades Autónomas.

O intercambio de estudantes baséase na confianza entre as institucións, a transparencia informativa, a reciprocidad e a flexibilidade.

A oficina técnica de SICUE coordínase desde a Secretaría Xeral de Crue Universidades Españolas e é a encargada do desenvolvemento das convocatorias.​

Crue Universidades Españolaspon ao dispor da comunidade universitaria a seguinte dirección de correo, desde a que atenderemos as súas dúbidas e comentarios sobre o programa SICUE no prazo máis breve posible: consultas.sicue@crue.org

Impresos e documentación

Convocatoria SICUE


LIBRE MOBILIDADE E BOLSAS PROPIAS:

Bolsas de intercambio propias da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo ten acordos de cooperación firmados con universidades en paises extracomunitarios que permiten a estudantes de grao e mestrado cursar estudos en ditas institucións.

O Vicerrectoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación publica anualmente a convocatoria relativa a este tipo de mobilidade. Podes consultala aquí.

Libre Mobilidade

Considérase estudante de libre mobilidade aquel que realice unha estancia académica temporal nunha institución de educación estranxeira para realizar estudos relacionados con unha titulación oficial da Universidade de Vigo, sen a previa concesión de unha praza de mobilidade baixo os programas, acordos ou convenios subscritos por dita Universidade

Consulta a normativa aquí.