Preiscrición optativas 2023/2024

PROCESO PREINSCRICIÓN OPTATIVAS 4º

CURSO 2023/24

Este curso estamos nun proceso de implantación dun novo programa de Xestión académica denominado SIGMA. Por mor do anterior, vémonos na obriga de modificar os procedementos relativos ao proceso de preinscrición de optativas de 4º.

Optativas de nova matrícula

A asignación de estudantes ás materias farase mediante un sistema telemático, a través da secretaría virtual (en adiante, SV). A solicitude de preinscripción estará accesible entre o 6 ao 12 de xullo de 2023.

Solicitude de matrícula

Nas datas sinaladas, o alumnado debe entrar na súa SV e:

  • Expresar a súa intención ou non de cursar materias en inglés.
  • Indicar as materias optativas das que se quere matricular en cada cuadrimestre.
  • Xerarquizar as súas preferencias de materias.

Optativas das que xa se estivese matriculado e non se superaron

Por defecto, estarán sempre dispoñibles e o/a estudante poderá matricularse delas se é o seu desexo, non precisando facer preinscrición.

Materias optativas con docencia en inglés

Nas materias con docencia en inglés impártese tanto o grupo teórico como o práctico en inglés. En concreto, no 2023-2024 farano as materias: Xestión do coñecemento e da innovación tecnolóxica no primeiro cuadrimestre, e Contabilidade financeira avanzada no segundo.

Procedemento para o alumnado que elixe materias con docencia en inglés:

  • O alumnado que escolla a docencia en inglés terá automaticamente asignadas estas dúas materias como materias con preferencia 1:
  • Xestión do coñecemento, no primeiro cuadrimestre.
  • Contabilidade financeira avanzada, no segundo cuadrimestre

DATAS REALIZACIÓN ASIGNACIÓN: Do 20 ao 31 de xullo, coa nota media que figure no expediente do alumnado a 1 de xullo de 2023.

 

Matrícula

No momento da matrícula, a aplicación só permitirá a cada alumno/a matricularse naquelas materias optativas nas que dispón de praza asignada.

Se non se fai a preinscrición, non é posible matricularse nada mais que daquelas materias das que xa estivese matriculado/a antes ou daquelas nas que queden prazas baleiras.

O alumnado propio que vaia a acollerse á mobilidade no curso 2023-2024 terá que facer a preinscrición unicamente para as materias do cuadrimestre que cursará na nosa universidade.

 

Optativas das que xa se estivese matriculado e non se superaron

Por defecto, estarán sempre dispoñibles e o/a estudante poderá matricularse delas se é o seu desexo, non precisando facer preinscrición.

A asignación do grupo práctico faraa directamente o sistema no momento da matrícula.

Asignación de materias ao alumnado:

O sistema asignará as prazas dispoñibles (Todas as optativas terán unha cota máxima para garantir que non hai grandes desproporcións entre elas) entre o alumnado que teña superado, a 1 de xullo, máis de 90 créditos da titulación, en función dos seguintes criterios:

1.- Nota media do expediente académico ponderada pola porcentaxe, en tanto por un, que representa o número de créditos superados entre o número total de créditos da titulación.

2.- En caso de empate teranse en conta o número, por esa orde, de matrículas de honra, sobresaíntes, notables e aprobados conseguidos.

A asignación non depende do momento no que se fai a prescrición (sempre que se faga no prazo), se non do grao de cumprimento dos criterios por parte do estudantado a 1 de xullo de 2023.

Se a materia optativa ten mais dun grupo de prácticas, o alumnado deberá seleccionar na sua matrícula o grupo de prácticas da materia tendo en conta a compatibilidade dos grupos prácticos das distintas materias de 4º nas que quere matricularse (Por exemplo, se queres matricularte en Auditoría -que ten un grupo de prácticas- e en Dereito do Comercio Internacional -que ten 3 grupos prácticos-, nesta última deberás seleccionar o grupo 1 ou o 2 pero non o 3 porque este último ten o mesmo horario que o grupo práctico de Auditoría).

Optativas das que xa se estivese matriculado e non se superaron

Por defecto, estarán sempre dispoñibles e o/a estudante poderá matricularse delas se é o seu desexo, non precisando facer preinscrición.