O día 26 de setembro de 2023 terá lugar a visita para a renovación da acreditación do Grao en Economía. A comisión reunirase na Sala de Xuntas do Decanato. Haberá unha audiencia aberta a calquera persoa interesada en aportar a súa visión respecto ao título de Economía, obxecto da renovación da acreditación. A audiencia está destinada a quelas persoas non participaran en ningunha das audiencias anteriores.